¡Moito Ánimo!
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de mayo de 2025
A verdade é que nos toca vivir uns tempos máis difíciles do que parece.
Pretenden saciar tódalas nosas necesidades a base de consumismo e materialismo e o que fan é meternos nunha espiral sen saída.
Aparecen ídolos por todas partes.
Agúns ata intentan roubarnos a fe.
Outros inténtano coa esperanza.
E outros: cos principios básicos de toda a vida.
Fálase máis que nunca de respecto; pero a realidade dinos que temos algo esquecidos os límites e hai quen trata de impoñer o seu parecer a toda costa.
Estas cousas pasan nos países que gozamos de democracia
¿Cómo será onde non a hai?
CÓMPRE SERENIDADE
Serenidade para ver con claridade cal é o camiño que nos leva a bo porto.
Non é ouro todo o que reloce.
Os adultos xa o temos algo claro porque a vida foinos ensinando a base de correxir erros e tropezar varias veces na mesma pedra.
Non o pode ter tan claro a xente nova.
Por unha banda os proxenitores e os educadores din dunha maneira; pero a presión social di doutra.
¿QUEN EDUCA HOXE EN DÍA?
Aínda que pareza mentira a familia segue tendo un peso moi grande na educación da infancia; pero cambiaron moito os tempos.
Noutros tempos un pai ou unha nai dicían algo a un fillo e "ía á misa".
Non había dereito a reprochar.
Hoxe en día, as criaturas teñen acceso a tanta información que lles resulta moi difícil discernir.
Os proxenitores téñeno moi difícil, tamén.
Cos educadores pasa algo parecido.
E non só cos educadores, a presión social taspasa os límites a tódolos niveis:
-Co personal sanitario e coa autoridade en xeral...
CÓMPRE TELOS ÁNIMOS A PUNTO
-A PUNTO OS ÁNIMOS DOS ESTUDIANTES para que saiban aproveitar esta etapa da vida adquirindo unha formación sólida, guiándose polo profesorado e polos proxeniores.
Hoxe en día hai que saber idiomas para multitude de oficios e profesións porque a circulación de persoas a nivel mundial é moi intensa.
-A PUNTO OS ÁNIMOS DOS PROXENITORES para que confíen que os seus vástagos saberán abrirse camiño para ser persoas válidas para elas mesmas e para a sociedade que lles toque vivir.
-A PUNTO OS ÁNIMOS DOS EDUCADORES porque teñen que loitar con multitude de factores que noutros tempos non existían.
Pese a todo SEGUEN SENDO O SAL E LUZ DA TERRA para os estudiantes.
Corren tempos moi duros para estes profesionais que entregan as súas vidas para ser luz para o alumnado e vense eclipsados por lo mundanal ruido en moitoas ocasións.
-A PUNTO OS ÁNIMOS DOS SACERDOTES CATÓLICOS porque teñen grandes dificultades para mostrar a Luz nun mundo tan escurecido por tantos que se consideran máis papistas que o propio Papa.
Moito ánimo para tódalas persoas de ben que desexan cumprir a misión que a vida lles encomenda nestes momentos da nosa historia.
SON TEMPOS INCERTOS
O futuro sempre é incerto pera vaise escribindo no día a día con boa vontade, esforzo e valentía.
Só posuímos o tempo presente, o momento que nos toca vivir.
Non se trata de perder enerxías pensando que no pasado foron tempos mellores.
O pasado deixámolo aproveitado o mellor que puidemos e punto.
O futuro non chegou nin sabemos as voltas que dará a vida.
Toca vivir aquí e agora con intensidade e ilusión como se fora o primeiro e o derradeiro día da nosa vida.
O que poidamos facer hoxe, non deixalo para mañá porque ó mellor mañá, xa non estamos.
ASÍ DE FUGAZ É A VIDA
Por unha banda: á infancia e a xuventude, réndelle moito o tempo porque quere ser maior para ter autonomía.
Réndelles porque:
-Queren realizarse.
-Queren emanciparse.
-Queren mandar e non ter que obedecer.
Non saben que conforme van medrando, tamén medran as responsabilidades.
Por outra banda: a senectude comprende por experiencia propia que a vida pasa voando.
En calquera caso que non cansen os ánimos porque a vida é unha carreira de obstáculos que hai que superar ata o derradeiro día.
O futuro sempre promete.
Sempre desexamos unha oportunidade máis para superar aqueles retos que se nos van presentando.
"TOCA SUPERARSE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora