Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aires TRU(A)MPistas

Santalla, Iago - miércoles, 28 de mayo de 2025
Xa que o apelido e o susodito cadran tanto co termo "truhan" como o de "trampa"; un permítese a licenza de explotar o pouco de bo que teña tan sinistro personaxe. Este pouco ten que ver con retratalo nese ridículo que merece sen esquecer un ápice das barbaries que promove. Dito doutro xeito: o problema non é que unha persoa sexa ridícula e mediocre; o problema é cantas aberracións é capaz de aceptar un pobo gobernado por persoa ridícula e mediocre.

Cando o resort de Gaza parecía insuperable, Trump perpetra un atentado contra o saber prohibindo a Harvard aceptar alumnado estranxeiro. O presidente de EEUU couta o potencial humano do seu país e nega á universidade a liberdade de incorporar as mellores mentes ao seu propio desenvolvemento. Isto restrinxe a autonomía da institución ao imporlle a nacionalidade como requisito. Consecuentemente reduce a capacidade de captar talento e limita o desenvolvemento do país.

Se esta nova viñera de Cuba ou Venezuela, que diríamos?

Cando un presidente restrinxe a liberdade dunha universidade (liberdade de cátedra), cara onde vai esa país? Ás veces as direccións e as intencionalidades cadran máis alá da cultura, da política e da idiosincrasia de cada pobo.

Quen cre na liberdade debería ficar á espreita.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES