Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos. Cando Xesús Cristo di isto é porque se refire a aqueles que claman por unha xustiza divina, que non se gana con un traballo duro, ou por diñeiro ou sacrificio, e moito menos por conflitos penosos, porque é concedida gratuitamente por Deus!
Para os teólogos, nosos mestres acuais, a xustiza divina lógrase, merécese, aceptando con fe a Cristo, séxase, cumprindo a vontade da plabra de Deus. Neste sentido, unha persoa acada a xustiza espiritual se obra con bondade, se vive na verdade e se practica a mansedume.
Ao vivir dun xeito correcto, conforme co propósito, cos mandamentos de Deus, deseitando o odio, a condena, o rancor, e todos aqueles males que nos alonxan do bo camiño, ábrese autenticamente, directamente, a ruta que conduce ás gratificacións espirituais, séxase que, "benaventurados, etc.". Os famentos e sedentos atopan aplacar a súa necesidade de xustiza en Xesús Cristo, xa que El como fillo de Deus posee tódolos elementos para saciar as almas coa dita de obter a paz espiritual co perdón dos seus pecados, e por conseguinte, coa vida eterna que só Deus outorga.
Da loita grande e estrutural dixo o noso Francisco: "Bienaventurados los que tienen hambre y sed de la justicia» es otra gran afirmación de Jesús dirigida a quienes «luchan por la justicia, para que haya justicia en el mundo». La realidad nos muestra, cuán fácil es «entrar en las patotas (panda de amigos, xeralmente mozos) de la corrupción», formar parte de «esa política cotidiana del doy para que me des» donde «todo es negocio». «Cuánta gente sufre por estas injusticias». Precisamente ante esto «Jesús dice: son bienaventurados los que luchan contra estas injusticias». Lo que hay que saber es que esto de desear justicia «es una doctrina a contracorriente» respecto a «lo que el mundo nos dice» (Misa en Santa Marta 9 de junio de 2014).
O P. Luis Serentha expresouno así: "Ben aventurados os que teñen fame e sede de facer a vontade de Deus, séxase, os que así se expresan: o meu alimento, o alimento co que fago medrar a miña vida, así como o corpo medra co pan e coa auga, non é a miña vontade senón a vontade de Deus. Eu teño fame de Deus, teño sede de El; El é o meu gozo, o que El me revela cómoo e béboo coa mesma avidez coa que o sedento e mailo famento toman a auga e comen o pan".
¡Teñamos, pois, fame e sede de meditación, pois sen meditación a alma pasa sede e fame, moitísima!
-.-
Ditosos os misericordiosos, porque eles serán tratados con misericordia.

¡Mans que non dades, que esperades! Unha das cousas que máis transgride o ser humano é a misericordia, sendo moi comúns os casos de relacións tensas ou rotas por motivacións coma a envexa, chismes, rancores..., que por veces terminan, ou poden acabar, en consecuencias fatais.
"... como nós perdoamos aos que nos ofenden..." Se non somos misericordiosos, para que lle rezamos ao noso Pai? Con Deus non hai bromas: Ou se está con El, ou contra El. E se estamos con El temos que imitar as súas bondades..., para recibir a súa, que ben nos dixo que será, que é, infinita.
"... El mensaje de la Divina Misericordia constituye un programa de vida muy concreto y exigente, pues implica el obrar. Una de las obras de misericordia más evidente, pero quizás más difícil de poner en práctica, es la de perdonar a quien te ha ofendido, a quien te ha hecho daño, a quien consideramos un enemigo. ¡Cómo es de difícil muchas veces perdonar! Y, sin embargo, el perdón es el instrumento puesto en nuestras frágiles manos para alcanzar la serenidad del corazón. Dejar caer el rencor, la rabia, la violencia y la venganza son condiciones necesarias para vivir felices» (Misericordiae vultus, 9)
" Da mensaxe do Papa Francisco para a XXXI Xornada Mundial da Xuventude 2016. Como esta mensaxe non se pode mellorar, e nin sequera igualar, poñamos aquí un punto e á parte.
-.-
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus. ¡Nada desexo máis, pero..., co natural egoísmo de que esa vista sexa permanente, eterna, e non só para min senón para todos aqueles que veñan detrás de min, para cantos de min descendan ou dependan, pois a miña gloria, se chego a acadala, sería menor, cativeira, se por culpa miña, se polo meu mal exemplo, ou por deficiente educación, por racanería nas miñas contribucións, non deixase aos meus ben instruídos na doutrina cristiá!
Carta de Paulo e de Timoteo aos filipenses (3: 20,21): "Pero a nosa patria está no Ceo, onde nos agarda un Salvador, Xesús Cristo, o Señor. El ha transforma-lo noso pobre corpo, reproducindo en nós a gloria do seu propio corpo con ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo". No 4: 1, din: "Por tanto, meus irmáns tan queridos e que tanto me faltades (boto en falta), miña alegría e coroa, ¡seguide así, firmes no Señor, queridiños!"
¿Firmes, no Señor? ¡Pois claro; ou non somos soldados de Cristo, seguidores do Noso Capitán, do mesmísimo Rei da Gloria?
O Catecismo da Igrexa Católica fai este resume dunhas expresións de San Agustín: "Alí descansaremos e veremos; amaremos e loaremos. Isto é o que acontecerá no fin sen fin; ¿e que outro fin temos senón chegar ao Reino que non terá fin?"
-.-
Ditosos os que traballan pola paz, porque serán chamados fillos de Deus. Serán "chamados" porque o serán efectivamente, serán os seus predilectos.
"Si vis pacem, para bellum". Se queres a paz prepárate para a guerra. Isto dicían, querían e facían, os romanos, pero só é válido para os países belicosos, non para os cristiáns.
Para nós a paz vennos de Cristo Xesús, que ben nos dixo, e así o recolleu Juan (14: 27) "Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos agoniedes, nin teñades medo". Xesús é o "príncipe da paz" (cf Is 9, 5-6), e por iso nos deixa a paz, unha paz distinta da que promete o mundo. Xesús non nos evita as tribulacións (16,33), pero ao final participaremos da vitoria de Cristo sobre o espírito mundano: a paz de Cristo, en definitiva, refírese á salvación.
A paz, ademais de don, é tamén unha tarefa, unha tarefa ineludible. A condición para ser canais da paz é permanecer unidos ás fontes, á vontade de Deus. Dante fíxolle dicir a un alma do purgatorio: "Na súa vontade está a nosa paz". ¡Que ben dito, séxase, bendito!
O secreto da paz interior está no abandono total, pero sempre renovado, á vontade de Deus; axuda a conservar e a reencontrar esa paz do corazón repetir, con Santa Teresa de Avila, "Que nada me turbe, que nada me espante, pois todo pasa, pero Deus non se muda. Daquela a paciencia acádao todo, pois ao que ten a Deus, nada lle falta; só Deus chega e basta".
O noso Patrón (Santiago), sempre práctico, na súa carta (3, 16-18), recoméndonos: " Pois onde hai celos e liortas, alí dáse, tamén, o descontento, e toda clase de ruindades. Pola contra, a sabedoría que vén do Ceo é, primeiramente, pura, e despois, pacífica, sinxela, acolledora, chea de misericordia e de bos froitos, imparcial, sen finximento. O froito da xustiza seméntana coa paz os que van facendo a paz".
Daquela, a paz, faise? ¡Faise, PERO se as dúas partes se aveñen a razoar, pois unilateralmente, por moito que se desexe...! Tamén por iso ten tanto mérito; tamén por iso..., polo difícil que é de lograr en moitas ocasións! A propósito, unha suxestión: Na igrexa, ao darnos a paz, a esas persoas que só che alargan a punta dos dedos, non estaría de máis apertárllelos ben, para que noten os latexos do noso corazón. Os que estivemos nalgunha guerra, das armadas, quero dicir, ben sabemos que as defensas adoitan ser inevitables, e diso vén o dito de que, a mellor defensa é un bo ataque. ¡En todo caso, sen pasarnos, sen asañamento!
¿Estamos atentos á Misa, na Misa? Daquela non nos pasará desapercibido, por mal que funcionen os altofalantes, a impetración do Celebrante: "Señor Xesús Cristo, que dixeches aos teus Apóstolos ´a paz vós deixo, a paz vós dou´, non mires os nosos pecados senón a fe da Igrexa, e conforme á túa palabra concédelle a paz e mala unidade". De seguido, estendendo as mans, nun sino de xeral bendición: "A paz do Señor sexa sempre con vosoutros". ¿Que paz nos dá, oficiando como Ministro do Señor? ¡A auténtica, a desinteresada, a de Deus!
Este tema é infinito, mais, de momento, cerrémolo coa Carta de Paulo aos Efesios (2: 13-19). "Pero vós, que antes estabades lonxe, agora, gracias a Cristo Xesús, estades cerca, no sangue de Cristo. El é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a medianeira divisoria -a inimizade-, e abolindo na súa carne aquela lei de mandamentos e normas, para crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade, facendo a paz; e reconciliando con Deus ós dous nun único corpo por medio da cruz, matando nel mesmo a inimizade. El veu e anunciou a paz: paz para vós -os de lonxe-, e paz para os que estaban cerca: porque por El temos uns e outros acceso ó Pai, nun mesmo Espírito". ¡Ai Pauliño, Paulo, que ben che pintou que Deus te tombase do teu cabalo da soberbia e da ignorancia; pide por min: o meu non é un cabalo, pero é un burro!
-.-
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino do Ceo. Hai que entendelo ao dereito:

Refírese aos que proclamaron a xustiza de Cristo, e por iso chocaron co mundo, e foron perseguidos física ou verbalmente.
Ser perseguido é un indicativo de que se transita polo camiño correcto, abrazados a Deus. Daquela o perseguido sentirá a compañía de Xesús nas súas accións; pero o premio para o perseguido polos seus actos será glorioso; por iso, Ben aventurados os perseguidos por causa da xustiza porque deles é o Reino celestial.
Facer o que é xusto non é un camiño de paz e de tranquilidade; é un camiño de persecución, de incomprensión, de refuse; o que é xusto, a vontade de Deus, pode significar para moitos o desmonte de grandes imperios, o recoñecemento de estruturas de pecado, e de exclusión, ou a aceptación de que se está oprimindo ao propio irmán. A recompensa, pois, será o resultado de facer o que é xusto; o reino dos ceos non chegará, non culminará, mentres prevaleza a inxustiza institucionalizada.
-.-Gómez Vilabella, Xosé M.