Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'A Raíña da Primavera e o Rei da Ribeira Sacra'

Pol, Pepe - lunes, 26 de mayo de 2025
Bo día desexo aos participantes, organizadores e catadores das mellores cereixas que podedes na Ribeira Sacra atopar, as dos colleiteiros de este paradisíaco Belesar que teñen o pracer de presentalas nestes stands.
Canto daría por ser merlo o malvís
para nestas cerdeiras vivir
cantando moi ledo e feliz
porque estas terras de Belesar
son remanso de paz.

Hoxe, Día das Letras Galegas, dazasete de Maio, estando na súa plenitude a primavera, é un momento ideal para xuntanzas festivas, citas que eiqui , nesta Riberira Sacra, tendo por testigo o Pai Miño nesta paraxe chantadino e de Saviñao, exemplo de ponte entre dous fermosos pobos que teñen por vínculo este río galego neste lugar que parece de ensono, onde a realidade está mesturada coa máis grande pantasia. Sitio percorrido dende os tempos antergos pola calzada romana que na actualidade é frecuentada por milleiros de peregrinos pois pasou a ser parte do Camiño de Inverno. Neste marco incomparabel , Belesar e os pobos desta bisbarra son referentes para esta Ribeira Sacra. Sendo terra grandiosa en lendas e historias inesquecibels non é extraño que teñan lugar citas gastronómicas festivas coma esta da Cereixa.
Todos sabemos, nestas beiras do Pai Miño e o seu irmán o Sil , que o Rei a quen tributanse homenaxe polo mes de Marzo en Chantada, concello da bisbarra, e noutros veciños coma Sober o terras de Quiroga, pola Semana Santa, e ao representante nas súas diversas variedades dos bos caldos da Ribeira Sacra, ese que nace nas uvas dos acios nestes fermosos socalcos , nas abraiantes cepas que cubren cos seus pámpanos estas abas e madura nas múltiples adegas da zona. O viño, queridos amigos, é o Rei da Ribeira Sacra por iso sen a súa presenza non pode darse festa algunha. Distinguidos festeiros/as hoxe nesta homenaxe a cereixa está para brindar pola Raiña da Primavera, da que paso a referirme con verbas moi emotivas e sentidas. Levo treinta e oito anos conviviendo coas cerdeiras, e para min son as verdadeiras raiñas desta estación e por iso, vós, xente da terra de Belesar, coñecedores dos grandes valores desta froita , levades anos organizando esta sempre moi esperada festa. As cerdeiras resultan ser as Raíñas da Primavera porque chegada esta estación son as primeiras que enchen as súas pólas de abraiantes flores, ramos tan máxicos que atraen os nosos sentidos cal insecto polinizador, e quen ve por primeira vez ese espectáculo queda fascinado pois é considerado un agasallo que soamente a nai natureza pode regalar aos seres humanos. Semella a pureza coa súa albura, esas flores que son para cada vernal un verdadeiro e portentoso prodixio natural. Pero, cando chega este maio nacen as súas cereixas que son xa tentadoras e provocativas por natureza. Prunus Avium, a árbore da serenidade, da máis grandiosa paz. Acertadamente na lingua galega es nomeada cerdeira para mostrala como planta da gran feminidade. Hai moitas variedades como Straking, Burlat, New Start, Ruby, Cristobalina, Picota , Francesa e toda unha enorme cantidade delas, pero eso sí todas e cada unha dun sabor pracenteiro, dozura natural.Non esquezamos cos raparigos son os máis listos nas súas decisión; por iso os nenos/as senten un atractivo moi singular polas cereixas. Son provocativas e tentadoras e ninguén , picariño o maior , pode despreciar un ramillete de avermelladas cereixas. Parecen a representación dunha sensualidad recatada e virxen . Non hai nesta zona primavera sen cereixas e san Bartolomeu, patrón deste pobo, moi ledo está de ver que estas casas onde os seus esgrafiados son tan variopintos e variados coma as froitas da Raíña da Primavera. Vivan os pobos coma este de Belesar que invita a xuntar comarcas, coma neste caso pasa entre a de Terra de Lemos e Chantada, e facer camiños pola terra e polas augas do Pai Miño. XIX anos da Feira do Viño e das Cereixa de Belesar, moi longa vida deben ter as festas desta clase por iso os concellos dende sempre , coma neste caso, deben potenciar eventos que defenden a comunión e xuntanza entre a terra e os seres humanos. Temos que amosar o noso agradecemnto por gozar de froitas coma a cereixa. Levantemos as nosas copas cheas da esencia do Rei da Ribeira Sacra para louvar as fillas da Raíña da Primavera degustando a guinda da festa, a nosa cereixa que merece toda admiración e respeto porque pocos dan, sen esforzo laborioso pola nosa parte, froito tan abraiante. Cereixero quero por sempre ser para vivir xunto a esta árbore as máis agarimosas e doces primaveras, Ninguén deixe de vir a Belesar onde a cerdeira é tratada como merece, ser raíña da mesa neste tempo tan fermoso , a primavera e ainda que , coma este que fala, xa conta con setenta e unha, foron as mellores cando coñecín a raíña da miña vida, a cereixa, por iso invito a que veñan e deixen todo para vivir neste festón horas inesquecibels. Viva Chantada e Saviñao que teñen en Belesar o seu encontro mellor porque onde hai videiras e cerdeiras a felicidade festiva está asegurada. Proben esta dozura da terra esta exquisitez que son as fillas da Raíña de todas as nosas Primaveras. Quero testemuñar o meu agradecemento por ser convidado a este pregón, por vir falar da quen sempre merece verbas emotivas. Os meus parabéns a este colectivo e a os organizadores deste evento por ser un referente do amor a estas terras chantadinas e para Galicia en xeral.
Proseguide saboreando o que é o manxar máis diviño , cereixas co bo viño, unhas e otro están chamados a estar xunguidos como pasa entre Chantada e Saviñao que teñen en Belesar a súa ponte de franternidade senpre tendida. Alguén dixo: "A vida é unha cunca de cereixas; asín que vive e rie..." Pero eu engado , para vivir plenamente non deixedes nas vindeiras edicións de vir a Belesar onde as cereixiñas teñen o máis fermoso lar. Estas fillas da Raíña da Primavera simbolizan felicidade en colectivade produtiva e sobre todo ledicia de vivir unha xuntanza tan emblemática coma esta Feira que é unha chamada a plantar cerdeiras para cos nosos descendentes gocen mañá das mellores primaveras, esas que soamente viviremos con cereixas.
Viva Chantada, Belesar e toda esta Ribeira Sacra que ben merecedora é de ser Patrimonio da Humanidade porque é unha terra de cereixas e viño e con eses por compañeiros o camiño do vivir sempre amosase feliz! O título da novela de Dolores Redondo «Todo esto te daré», que foi premio Planeta en 2016 , sírvenos para lembrar que este Belesar é maravilla natural e que eiqui atoparemos toda a fermosura do existir. Desexaría despedirme con esa expresión lingüística tan autóctona desta contorna, pero, amigos esa é exclusiva e enxebre propia para ca pronuncien as gorxas nativas, as que saben darlle a súa entonación axeitada.A disfrutar da festa, a saborear cereixas, elas son símbolos dos corazóns e do amor!!
Ata sempre, moi agradecido por ser convidado a vivir este grandioso evento. ¡Graciñas a Belesar camiño e porto fluvial da Ribeira Sacra e as súas xentes!
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES