Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por que a torre de Caldaloba?

Meilán García, Antón X. - viernes, 23 de mayo de 2025
Por que se debe reconstruir e manter a torre de Caldaloba, señores da Xunta de Galicia? Porque aí xace unha boa parte da nosa Historia, señores responsabeis do noso patrimonio da Xunta de Galicia. A torre está feita sobre un castro celta, a quen tanto debemos histórica e culturalmente. O sistema defensivo de catro fosos, que lle permitiu a dona Constanza de Castro resistir máis dun ano o ataque das tropas dos Reis Católicos, ven dos celtas, é semellante ao do castro de Viladonga, o que nos da unha idea do que foi a combativa invasión dos romanos. E na idade media era dos Andrade, que lla venden ao Duque de Arjona e este déixalla a súa irmá dona Beatriz de Castro, muller do conde de Lemos. E é por este tempo cando a disfruta o Mariscal Pardo de Cela, xa que casara con dona Isabel de Castro, filla de dona Beatriz. Nada especial respecto de outros castelos e torres do noso Reino: sempre en mans de señores feudais. Mais cando acada importancia histórica Caldaloba, é cando a filla do Mariscal, dona Constanza de Castro, despois de degolar ao pai e curmán en Mondoñedo, furta e métese na torre para vingar as degolacións e combater ás tropas dos Reis Católicos, que viñeron a conquistar o noso Reino. E aquí estivo máis dun ano pelexando e resistindo os ataques das tropas casteláns, das galegas dos Andrade e dos Ribadeneira ata que morre polas augas que lle envelenaron. Perdeu. Perdemos. Alá se foi o noso Reino. Unha muller con dous fillos moi pequenos: Afonso e Constanza, que podía seguir vivindo a "corpo de pazo", mais meteuse en Caldaloba e morreu loitando por botar fóra aos invasores casteláns. Díganme señores da Xunta de Galicia que torrre ou castelo ten unha historia semellante? Señores da Xunta de Galicia, non merece ser restaurada e conservada unha torre que é un símbolo da resistencia galega? Recapaciten: conservar o patrimonio é conservar a nosa Historia, e quen non conserva a súa Historia non é digno da súa Terra.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES