Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A noite que se foi a luz

Otero Canto, Xosé - miércoles, 21 de mayo de 2025
(Libro de Manuel Castro Santamariña editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María que fai xa o nº15 da colección: "As Foulas do Rañego").

"A noite que se foi a luz" é unha novela e ao mesmo tempo un ensaio etnográfico en canto que se describen os costumes e tradicións dos nosos antepasados, mais tamén forma parte dunha análise etnolóxica en canto estuda unha diversidade cultural que A noite que se foi a luz está desaparecendo da nosa Galiza. O autor, Manuel Castro Santamariña, recupera estas tradicións dun esquecemento que se ve vir, xermolado de modernidade, pero que garanta a supervivencia do noso ao longo dunhas cento corenta páxinas de recordos que nos conectan cos nosos avós e avoas e con nosoutros mesmos pola boca autobiográfica dun neno, xa rapaz, que vai narrando en primeira persoa a vida e o seu tratamento a partir dunha noite na que se foi a luz, nun inverno de cicloxénese explosiva coas súas visitas á casa dos seus avós durante as fins de semana ata o mes de xuño en que remata o curso académico. Na novela hai unha entronización entre a cultura e coñecementos do avó e a progresiva chegada desa maneira de entender o mundo e a vida representada polo neto, descoñecedor dese organigrama social, pero descubridor dos seus alicerces, que son os da sociedade que nos representa e alimenta a través dos seus contos, lendas e significados naturais e vivenciais e maneiras de entender o noso mundo que son descoñecidas polos máis novos.

O libro parécenos un grandísimo acerto, non só pola temática que trata, senón tamén por como a trata porque é un espello de tradicións, refráns e vivencias que se van transmitindo de avó a neto e que antes se facía día a día nas secuencias vitais para agora facelo soamente as fins de semana, que é cando o neto vai pasar eses días á casa patrucial. Pero as vivencias son tan fortes, tan bonitas que o neto queda abraiado diante dun calidoscopio de fragmentos de existencia doutro tempo pasado e ao mesmo tempo presente nas lembranzas do avó que vai transmitindo ao seu neto, ávido de cultura e vencellado a través da liña do sangue co noso, coa nosa Valura que non quere esmorecer en canto á cultura e sabedoría que nos trouxo ata a situación na que nos atopamos, pero que vai esgarecendo e murchando sen dármonos conta, sendo nós os culpábeis de non recoller estas tradicións e vivencias, estes sentimentos da intrahistoria dos pobos de Galiza, neste caso, de "Guitiriz y su comarca" como reza na fronte da Escola Habaneira desa localidade.

Benvido sexa este libro que nos transporta a uns anos atrás da nosa historia que está entre o hoxe e o onte das nosas vidas, por iso parécenos moi interesante a súa lectura, tanto para os avós aos que enche a alma de recordos, como para os netos porque descubrirán múltiples formas de entender a vida a través das historias e da intrahistoria contada e verdadeira que abrangue os nosos eidos, a nosa tribo e a nosa Galiza que dorme entre a néboa desas lembranzas e que Manuel Castro Santamariña ten a ben irradiala cunha luz de intensidade a todo aquel que se adentre neste libro de lembranzas e etnografía da nosa Valura.

Día das Letras Galegas 2025
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES