Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ollo co galego

martes, 11 de agosto de 2009
Que pasou nestes últimos corenta anos co idioma galego?. Que é o que fixemos mal? Ou que non fixemos.

Naquel sesenta e oito heroico en tantos lugares e ambientes, ou no ano seguinte para que se cumpran as catro décadas, o galego era un instrumento de loita e distinción da mocidade que despertaba á galeguidade.

O galego daquela era o idioma da cultura, era a bandeira da mocidade, era vínculo literario e de comunicación. Se o castelán era o idioma maioritario, o galego era bandeira.

Moitas cousas pasaron nestes corenta anos, nos que España se transformou nunha democracia, Galicia acadou a autonomía con institucións e goberno propios, o ensino fixouse fondamente no contorno e o idioma foi utilizado por mestres e gobernantes, con medios de comunicación en galego, co idioma entronizado na Universidade e nas aulas en xeral, alomenos en igualdade legal ca o castelán.

E sen embargo, os rapaces non falan en galego, os nenos non xogan en galego, e a inmersión lingüística prevista non se produciu teméndose que o idioma estea en regresión veloz cando o esperado era o contrario. E a enquisa que se ven de facer reflicten resultados que poden non gostar a moitos, pero amosan unha situación que fai pensar na realidade do idioma entre nós.

Algo fixemos mal, ou non fixemos. Os próximos tempos serán decisivos. Como todos os tempos. Como estes corenta anos que non queremos considerar que en definitiva foron tempo perdido.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania