A exclusión tecnolóxica da muller rural galega: unha barreira invisible.
Serén Cañás, Víctor Manuel - martes, 20 de mayo de 2025
Na Galicia baleirada, onde o asubío do vento compite co zumbido intermitente dos routers, líbrase unha batalla silenciosa: a das mulleres que loitan polo seu lugar no mundo dixital. Mentres as cidades avanzan cara á hiperconexión, moitas zonas ruráis galegas seguen atrapadas nunha especie de "apagamento dixital" que afecta especialmente á súa poboación feminina.
Cando a conexión a internet falla, diminúen as oportunidades. O informe da Fenda dixital en Galicia (2021) revela unha crúa realidade: 4 de cada 10 fogares galegos navegan mediante conexións lentas e inestables. Pero qué significa isto en termos humáns? Imaxina a María, unha gandeira de Ourense que tenta seguir un curso en liña de xestión de empresas, tendo que desprazarse 15 km ata o bar do pobo para capturar unha sinal wifi decente. Ou Antía, unha moza de Lugo cuxo CV se perde no limbo dos portáis de emprego porque a súa conexión córtase ao subir o arquivo.
O tecnolóxico, é un club (case) só para homes. As cifras do IGE pintan un panorama desolador: menos do 25% dos profesionáis do sector tecnolóxico galego son mulleres. No rural, esta cifra esborrállase. As causas son múltiples: falta de referentes femininos en STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) nestas zonas; cursos de formación que non chegan máis aló das capitáis de provincia; a persistente idea de que "a tecnoloxía é cousa de homes" entre as xeracións maiores.
Entre as posibles solucións con código postal rural podemos destacar:
A instalación de infraestruturas con perspectiva de xénero, puntos wifi comunitarios en cooperativas ou centros de saúde.
Formación "a medida" en talleres de competencias dixitáis en horarios compatibles coa vida cotiá nestas localidades.
Mentorías territoriáis con redes de mulleres tecnólogas que visiten periódicamente o rural.
Como ben dicía a activista galega Carme Adán, "a igualdade dixital é o novo dereito ao voto". Lograla requirirá non só tecnoloxía, senón romper cos estereotipos que persisten mesmo cando a sinal wifi desaparece.

Serén Cañás, Víctor Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora