Quen o diría. Hai anxos a voar!
Cabada Castro, Manuel - miércoles, 21 de mayo de 2025
Évos Anxo iso só:
Anunciador. Nada máis.
Mais nada menos.
Lume agachado na morna
e vella borralleira.
Nela non remexas,
que o apagarás!
Faino amodo. Vivirás.
Nin de día nin de noite,
o teu lume nunca mates.
El é niño de carrizo,
leve pluma de galiña
no rural niño da anduriña.
Grilo leve na grileira.
El non fai.
Só di: aquí estou.
Neste día quero
que estas verbas miñas
un intre soen
onda ti amigas
dende a cercanía
pra che bisbar:
Anxo, adiante!
Voa maino e forte!
Sigue contos a nos contar.
Pra vellas, mozos, rapazada,
toda xente iluminada!
Grazas mil e moitas máis!
[Co gallo da presentación no 17 de maio de 2025, Día das Letras Galegas, do libro de Anxo Arosa Cabada, "Contos de vellas iluminadas", en Sabucedo-A Estrada]
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora