Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toca remar mar adentro

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de mayo de 2025
Certo que gozamos dun certo nivel de benestar que os nosos antepasados non pudieron disfrutar.
Certo tamén que o nivel de esixencias é cada día máis elevado.
Noutros tempos tiñamos moitas menos comodidades e tampoco facían falta tantos cartos como hoxe en día.
Pero as comodidades, gústannos a todos e eso ten un prezo.
Traballar doutra maneira, si; pero traballar hai que traballar porque ninguén regala nada.
Toca remar mar a dentro.
Toca arriscar.
Toca expoñerse.
A xente nova non o ten máis doado que noutros tempos.
A PREPARACIÓN É DIFÍCIL
Os estudios esixen moita entrega e dedicación.
Hai algunhas mentes prodixio; pero non son as que máis abundan.
Incluso as hai que teñen certas dificultades para acadar o nivel suficiente.
Esixen unha economía familiar que permita trasladarse ó lugar de estudio, paga-la estancia e os estudios correspondentes.
Tamén cartos para o vestido, o calzado e para o ocio, sen esquecer unhas ferramentas moi usadas hoxe en día: móbil e portátil.
E se todo sae ben: conseguir un traballo.
EMANCIPARSE TEN UN COSTE
-Unha preparación que leva unha etapa importante da vida.
-Uns ingresos que permitan cubrir as necesidades básicas.
-Unha estabilidade laboral.
-Conseguir unha vivienda onde instalarse.
MOITOS OBSTÁCULOS DIFÍCILES DE SALVAR:
A.- VIVENDA
Para emanciparse necesítase unha vivienda en aluguer ou en propiedade.
E para fundar unha familia, tamén.
Hoxe en día, por diversas causas, moi poucos matrimonios ou parellas, se quedan a vivir na casa dos pais dun deles.
Unha vivienda en aluguer leva boa parte dun soldo básico como son moitos.
Se temos a sorte de poder dar unha entrada e pedir unha hipoteca: o banco leva unha boa tallada durante a mellor etapa da vida dunha persoa.
B.- A EDUCACIÓN DOS FILLOS
Noutros tempos, os fillos eran un brazo de traballo cumpridos os seis ou sete anos.
Hoxe en día dan traballo vinte anos máis se todo vai ben.
Que todo vaia ben é o máis importante.
Moitos proxenitores deixan a pel para buscarlles uns colexios onde formárense.
O problema nos son os colexios, o problema pode ser o ambiente que os rodee.
Os pais teñan que andar moi pendientes.
C.- OS ENFERMOS E OS SEUS COIDADOS
Mentres que a muller non se incorporou ó traballo fóra da casa, a situación estaba atendida.
Hoxe en día, hai que multiplicarse ou pagar moitos cartos, que non están ó alcance de calquera.
D.- AS VACACIÓNS
Noutros tempos eran só para xente privilexiada; pero hoxe en día todos queremos disfrutalas.
Din que hai quen solicita un préstamo...
Eu non o faría; pero sexa como sexa, esixe un bo desembolso económico que hai que pagar dunha maneira ou doutra.
¿VIDA FÁCIL?
¡Quen tal dixo!
Nunca foi fácil nin o será para quen queira ir co ritmo dos tempos que nos toca vivir.
Non queda outra, hai que remar mar adentro.
ALGO DIFÍCIL DE ENTENDER
As criaturiñas de hoxe en día vense moito máis presionados do que nos imaxinamos.
- Teñen que cumprir uns horarios desde ben pequeniños.
- Non son libres para xogar ó aire libre como facíamos noutros tempos.
- Os estudios non os deixan "respirar".
- As actividades extraescolares, tampoco.
QUE NON CANSEN AS FORZAS
As forzas da senectude é natural que cansen, todos temos os días contados.
Pero para a xente nova facía moita falta que tiveran boa saúde física, mental e espiritual para non desfalecer no intento.
E tamén que os tempos non lles foran adversos.
Con vento favorable, é doado remar mar a dentro.
Con vento en contra a situación é moito máis difícil.
En calquera caso:
"¡MOITO ÁNIMO!"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES