Ángeles Albariño, mi estela de los océanos
Timiraos, Ricardo - martes, 20 de mayo de 2025
Para Man Castro, home enteiro dos bós e xenerosos.
Co gallo das Letras Galegas quero contribuir coa miña modesta aportación á súa honra, e a máis usa-la nosa Fala, porque son as verbas que me cinguen e uso de cotío có noso benquerido amigo Man Castro, o autor diste fermoso libro sobre Ángeles Albariño.
Para quen non o coñoza, Man Castro e un periodista de raza, de amores, daqueles dignos da profesión, que exerceu toda a vida no seu Ferrol natal traballando para o desaparecido Ferrol Diario, Faro de Vigo, A Voz de Galicia-dazanove anos- e colaborou co El País e RNE e multitude de publicacións. Foi o fundador do Diario de Ferrol, onde abordou o Foro Ferrol futuro, Ferrolanálisis, o suplemento Nordesía... Fundou o Club de Prensa de Ferrol, do que tamén foi Presidente, hoxe de Honra, e puxo en marcha os Cursos anuais de Pensamento Carlos Gurméndez, sobre o excelente filósofo uruguaio, do que foi amigo persoal. De ditos cursos é Presidente de Honra.
A máís de autor de libros e publicaciòns diversas, é conferenciante e prologista de numerosos outros editados en Ferrol, e creador dunha prolífica obra xornalistica con traballos de divulgación, ensaio e intrahistoria ferrolá. Recibeu numerosos premios de diversa dignificación, entre eles o Diego Bernal da Asociación de periodistas de Galicia, Chairego de Honra... A Biblioteca do seu Esmelle natal leva orgullosamente o seu nome.
Man, escondido na humildade que coñocen ben os verdadeiros sabios, fuxe de vanos protagonismos, porque o seu labor, sendo minucioso e concienzudo, sempre procura a discrección que caracterizan ós verdadeiros doctos. Sabémolo ben os seus amigos.
Pois ben, agora Man, acompañado de María José Leira Albariño, artista multidisciplinar e sobriña da protagonista, achégase a Viveiro- venres 23 no Complexo Regal Xunqueira- para amosarnos a súa biografía sobre esa Dama do Mar que foi Ánxeles Albariño.
Falar a istas alturas de tan admirable Señora non é doado para mín, porque xa as xentes do mar saben moito máis dista muller bióloga, doctora e investigadora ocenográfica, e cuios traballos pertenecen xa o mundo da ciencia especializada, niste caso, o zooplacton e as súas variedades.
Man, de conversa sinxela, culta e clara, investigou onde foi preciso e recolleu a documentación que avalan o seu traballo que presentará niste fermoso foro que Sito Regal, sempre atento a ideas vangardistas, pon a disposición dos verdadeiros amantes da cultura. Lugar precioso que cómpre valorar na súa xusta medida.
Grazas, Man, sempre a túa xenerosidade está atenta a vivir para dignificar aquelas persoas que a gran Historia olvida e que realmente son merecentes da gloria que supón o seu esforzo. Algún día tamén che tocará a tí que os teus veciños te gaben como deben. Telo ganado.
Xa sabes, se a vida o permite, alí estaremos para aplaudirvos. A tan ilustre Dama porque resulta obvio e a tí pola mesma razón.
Apertas garimosos dos moitos amigos que tés, en especial do "Conde de Miñano", e recibe de mín un de buxo, dos que fai o noso común amigo Mero.

Timiraos, Ricardo