Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O descanso do guerreiro (a Pepe Mujica).

Santalla, Iago - miércoles, 21 de mayo de 2025
Fóisenos a semana pasada o gran Pepe Mujica. Era desas persoas que un empeza a escoitar e envólvese nun aura permeable a unha sabedoría non achada en libros, nin en cátedras, nin en púlpitos; unha sabedoría humilde que enche o corazón e ergue a alma cara a horizontes morais onde a conciencia fica en paz consigo mesma.

Sabíamos que era difícil a coherencia total pero, con Mujica, descubrimos que non é imposible vivir acorde coa escala de valores proxectada. Se ben en Mujica hai máculas (por exemplo, no tema do feminismo), creo que puxo negro sobre branco o que é e o que non é austeridade. De tal xeito que é fácil dicir que no noso país non tivemos moitos exemplos políticos de austeridade e os que temos, por exemplo Anguita, desgraciadamente non chegaron a ter responsabilidade de xestión.

O caso é que hai un nexo de unión entre os exemplos de austeridade: dá gusto escoitalos falar e as persoas son capaces de empatizar con eles dende a total discrepancia ideolóxica. Isto é algo que non pasa senón hai unha coherencia vital entre o pensamento e a traxectoria vital da persoa. Polo tanto, ao morrer Mujica, ficamos sen un filósofo que nos axude a comprender a vida, a empatizar coa realidade e a trazar unha liña de coherencia entre o pensamento e a obra vital.

Exemplos temos dabondo; en cambio, que difícil é construír esa liña que nos leve a vivir na presenza da zamba dos humildes.

Boa viaxe, Pepe Mujica.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES