Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menorca

Otero Canto, Xosé - martes, 20 de mayo de 2025
Menorca é a anatomía dun ril secretando auga polas súas redondas, unha faba branca que loce entre o azul turquesa expandido nun mar pichoquento ou unha améndoa Menorca minorada en terreo e mor en beleza, garrapiñada en "calas" onde a mar dos corsarios repregan velas para esperar a anoitecida nas súas cavernas e espenucas lambidas polas linguas azuis das ondas nunha seareira intromisión no mostrador da taberna onde a auga lambe coidadosamente a doce costa branca e acaroada de garatuxas á que vai limpando e desfacendo entre o silencio e a solerma, conseguindo desta maneira penetrar nos seus adentros e irse fundindo entre os soños da auga tépeda que circunscribe paisaxes virxinais nun edén engordado de silencios e arroupado coa beleza do vestido branco, sempre do branco das casas que en socalcos "marabundan" as costas nun remuíño de rúas e pasadizos de refuxios enguetados de cales e pinturas albas cubrindo teitos adobados pola forza dos pescadores que rexeitan os soles viriles da anoitecida.
Si! Menorca!
Marabilla esquecida na eternidade da beleza xamais esperada.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES