Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bin Laden, o sacamantecas

jueves, 06 de agosto de 2009
“Que ven o coco¡” era a ameaza que aterrou ós nosos pais e a nós mesmos en tempos que xa son historia. Pero na miña Vilalba do comezo dos anos sesenta o verdadeiro terror producíanolo a mención ó “Sacamantecas”, que noutros lugares chamaban “Sacauntos” que se supoñía era un ser abominable que andaba na percura das partes interiores máis menudas dos seres humanos, con preferencia pola dos pequenos.

Téñenme afirmado con total seguridade que o “Sacamantecas” andaba por Mourence, que fóra visto pola Pena de Miguel, e aínda polos Freires, sen dúbida para que nas nosas inocentes correrías infantís evitásemos aqueles “perigosos” lugares, con pouco éxito por parte dos proxenitores.

Agora ameázannos coa crise, que xa é moito máis ca unha ameaza; cos perigos da estrada, coas dietas desequilibradas, co alcohol e moitas cousas máis. O peor é que nos ameazan co futuro.

A min deume que pensar, hai uns meses, en Estambul -perdón pola repetida mención a esta viaxe dos Amigos do Camiño de Santiago- cando estabamos en dura negociación cun avezado vendedor por non sei que artigo turco que rematamos mercando.

Nese momento pasou un avión moi baixo facendo un ruído verdadeiramente notable. O turco mirou para min, sorríu de xeito cómplice, e dixo como confidencialmente: “Bin Laden”.

Seguro que para el foi unha gracia. Eu non o tomei como unha ameaza. Pero, real como a vida mesma, quedoume moi claro o impacto que deixa nas nosas vidas – en todas as vidas do mundo – un acontecemento que os medios fixeron mundial. Bin Laden vai ser, por moitos anos, o maior sacamantecas do mundo, estea onde estea, viva ou non.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES