Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Coñecemos a nosa fraxilidade?

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de mayo de 2025
Que o ser humano foi evolucionando ó longo do tempo, ninguén o pon en dúbida.
Detrás hai unha Man misteriosa que nos vai modelando cara á perfección que todos desexamos alcanzar.
DE FEITO:
-A lonxevidade vai aumentando según avanza a medicina.
-O nivel de benestar tamén, conforme coa calidade de vida.
-Os coñecementos científicos pogresan grazas ós investigadores.
-A era industrial revolucionou o mundo.
-A era tecnolóxica moito máis.
-Xa puxemos os pés na lúa.
-Calquera día poñémolos en Marte.
-A intelixencia artificial está facendo maxia.
-Podemos facernos millonarios se nos toca a lotería.
PERO:
-CANDO NOS CHAMEN PARA PARTIR…
¿Podemos engadir un segundo á nosa vida?
-O QUE ENTENDEMOS POR BENESTAR…
¿Prodúcenos a felicidade plena?
-OS AVANCES CIENTÍFICOS…
¿Garantízannos a vida eterna?
-A ERA INDUSTRIAL…
¿Evítanos ter que gañarnos o pan coa suor da nosa fronte?
-A TECNOLÓXÍA…
¿Resólvenos a vida ou sinxelamente nos axuda?
-POÑER OS PÉS NA LÚA …
¿Fainos máis valentes, mellores persoas, con mellor corazón?
A MAXIA DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL…
¿Vainos resolver os problemas?
¿Xa non terems que seguir loitando?
-SE NOS FACEMOS MILLONARIOS…
¿Non teremos preocupacións?
POIS:
-POR MOITO QUE NOS EMPEÑEMOS NON PODEREMOS ENGADIR UNHA DÉCIMA DE SEGUNDO Á NOSA VIDA.
Cando chamen non hai volta atrás.
Para facer méritos, regalannos toda unha vida e a gracia santificante.
-O BENESTAR VAI RELACIONADO CO NIVEL DE VIDA PERO A FELICIDADE É OUTRA COUSA.
Feliz é o que ten a conciencia tranquila.
Feliz é quen cumpre relixiosamente co seu deber.
Feliz é o que sabe agradecer.
Feliz é quen confía na Providencia, que é a única que non falla.
-OS AVANCES CIENTÍFICOS FAVORECEN A CALIDADE E VIDA.
Pero a vida eterna é un regalo que se obtén santificándose cada día.
-Amando, compartindo, entregándose na construcción dun mundo mellor para todos.
-Amando sen límites e sen excepción de persoas.
-A ERA INDUSTRIAL CAMBIONOS A MANEIRA DE TRABALLAR
Pero seguimos suando a camiseta para conseguir un certo nivel de vida que sempre consideramos insuficiente.
-A TECNOLOXÍA NON FAVORECE TODO
Créanos adicción, créanos dependencia, réstanos comunicación a nivel persoal coa familia, cos amigos e con todos en xeral.
Favorece o individualismo.
Resulta moi desagradable ter falar cunha máquina.
Non hai nada tan bo como a atención en vivo de ti a ti.
Somos seres sociables.
Necesitamos o contacto persoal.
-POÑER OS PÉS NA LÚA FOI UNHA EXPERIENCIA ALUCINANTE
Pero, ata o momento, non se ten noticia de que favorecera a calidade de vida na noso planeta.
-SE NOS TOCARA A LOTERÍA:
Taparíamos un burato pero nin seríamos máis queridos, nin máis respectados nin máis valorados.
Se tan só nos queren, nos valoran e nos respectan polos cartos, mal vamos.
NADA DE CANTO POIDAMOS LOGRAR:
Saciará plenamente a nosa ansia de felicidadade porque todo é perecedeiro e todo, antes ou despois, nos deixa baleiros.
Estamos chamados a cooperar na mellor calidade de vida para todos.
Neso consiste a evolución.
Pero non é todo o que necesitamos.
O que necesitamos non podemos encontralo nesta vida, sencillamente porque non está aquí.
O que necesitamos está na nosa Orixe, de onde vimos e a onde imos.
Un día descasaremos nesa Paz.
Mentres tanto:
Toca remar con tódalas nosas forzas aínda que sexan fráxiles.
"TOCA REMAR MAR A DENTRO"
Este será o título do segunte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES