O apagón e a dependencia
Santalla, Iago - miércoles, 14 de mayo de 2025
Se algo me deixou ben claro o apagón é que son dependente total da electricidade. Desgraciadamente tanto o meu traballo como o meu lecer xiran entorno a un enchufe. Non, non me gusta, sobre todo porque canto máis vai peor é. Agora mesmo, cando escribo este artigo, sei que estará en risco de "non ser" ata que o engada ao correo e pulse enviar.
Os meus problemas son superfluos pero que pasa con quen depende dun respirador? Non debera garantirse o dereito á vida?
Volvendo ao superfluo (ou non tanto): cantos produtos analóxicos temos na casa? Podemos comer debidamente "en analóxico"? Cantas cousas desterradas das nosas vidas se nos fixeron imprescindibles por unhas horas?
Quizais sexa bo reflexionar sobre todo isto e tamén sobre a necesidade de dispoñer de alternativas. Cómpre saber que no rural houbo luz porque, acostumadas aos cortes, case todas as familias teñen grupo electróxeno.
Se cadra a gran lección débea aprender a cidade que precisa de alternativas ante situacións límite. Se cadra ter un grupo nunha comunidade de veciños sería unha inversión beneficiosa...
Desfrutemos da modernidade e do progreso sen rexeitar o analóxico porque un bo equipamento analóxico pode erguernos dunha situación límite.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora