Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegou agosto

miércoles, 05 de agosto de 2009
Si, xa sei que cando esto escribo aínda faltan unhas cantas horas para que oficialmente entre o mes na península, e que cando se lea, é posible que sexa máis que evidente que chegou, mesmo nalgún caso, que pasou.

Tampouco me estou a referir a signos como o balbordo de anoite no local de enfronte, que poden referirse de igual xeito a outra época do ano, a un calquera deses días (esas noites, neste caso) nos que non ten por que, pero tampouco ten por que non, suceder algo especial (aínda que o balbordo poda dar lugar a outros comentarios noutro lugar).

Non, tampouco é polo día, que comezou con sol e unha certa calor bochornosa, pero que cambiou ata cubrirse e parecer unha tarde de outono. Pero si, algo é pola sensación de que este cambio de tempo, un máis nun verán cambiante, non é como os anteriores. Senón que, coa caída do tempo de luz, é o primeiro que nos conduce clara e indefectiblemente cara a un outono que ás veces alóngase ata ben entrado o inverno, e outras adiántase meténdose no pleno verán, máis que xustificando unha chaqueta.
Ó tempo, o mar na ría cunha superficie que pouco ten de calma, indica o mesmo: o verán deu os seus primeiros pasos para marchar.

Pero sobre todo, o que indica en Ribadeo que chegou agosto son pequenos detalles. Inconexos, pouco significan. Xuntos, marcan unha tendencia, un feito. Detalles como que hoxe houbera embarcacións abarloadas na rada dos bloques pola mañá, como se de domingueiros marinos que non se atreven a ir máis aló se tratase, e, como en cambio de turno, sen tempos vacíos, outras pola tarde, pedindo/puxando por un pouco de sitio e no mesmo lugar, repetindo o visto horas antes ás outras.

Ou que se viran ó tempo na ría xentes facendo windsurf de aprendizaxe ou remozamento de coñecementos previos e outras levando a remolque ós pequenos nalgún tipo de flotador grande, como anunciando os remolcadores que teñen forzas para facelo e os remolcados que non están aburridos dun veraneo que está a comezar. Ou que a herba estivera plantada, aquí e aló, de xente, con espazo entre ela, pero a menos dun tiro de pedra unha da outra...

Pequenos detalles fan un conxunto. A fin de semana co fin de xullo adiantou o mes. Chegou agosto.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania