... así como nosoutros perdoamos aos que nos ofenden... "2844 La oración cristiana llega hasta el perdón de los enemigos (cf Mt 5, 43-44). Transfigura al discípulo configurándolo con su Maestro. El perdón es cumbre de la oración cristiana; el don de la oración no puede recibirse más que en un corazón acorde con la compasión divina. Además, el perdón da testimonio de que, en nuestro mundo, el amor es más fuerte que el pecado. Los mártires de ayer y de hoy dan este testimonio de Jesús. El perdón es la condición fundamental de la reconciliación (cf 2 Co 5, 18-21) de los hijos de Dios con su Padre, y de los hombres entre sí (cf Juan Pablo II, Cart. Enc. DM 14)."
Facémola boa, ¡facémola mala!, se non perdoamos, así que, como lles dicía Millán Astray aos seus lexionarios: "¡Oído al parche!". ¡Atentos á orde; atentos ao inimigo!
A nosa obriga está en devolver ben por mal. ¿Que é difícil? ¡E logo, en que se diferencia un cristián dun pagán? Neste mundo os cargos, as categorías, teñen o seu aquel de vantaxes; en contrapartida, obrigas! A meirande das categorías é, está, en ser cristián; por conseguinte, aí está a nosa responsabilidade; apostólica, nada menos!
Os que teñen condecoracións ben se xactan delas levándoas, exhibíndoas, por riba da súa roupa; e os militares van de uniforme; ¿en canto á cruz de Cristo, que? ¡Fora dos cregos e das monxas, se a levamos é ben escondida, debaixo da garabata! Tampouco é de regulamento porque a nosa credencial, a suprema, está nos feitos; en facelos ben feitos, que non en presumir deles.
Dicía o vello Astete: "¿Es cristián? r/ Si, pola gracia de Deus!". ¡Pois, xa que temos esa gracia, honrémola, fagamos un bo uso dela; que se vexa, que se note, que se transmita con e na exemplaridade!
Cantos máis periódicos lemos, máis radio oímos, e máis tele vemos, máis medran as catástrofes, as malicias, as traizóns... ¿Será que antes tamén as había, pero que nos pasaban desapercibidas por carencia de mass media? En todo caso, que Deus nos ampare, pois boa falta temos diso. ¿De quen é a culpa? En boa parte, dos cristiáns, porque nos comportamos como renegados. ¡Señor, se ti foses ministro de Hacienda xa nos tiñas subido as contribucións, pero, es tan misericordioso! Ao que se ve, déixanos a iniciativa, así que, ¡arriba coas contribucións, que as temos baixas, cutres que somos! Compre dar exemplo, compre revisar as nosas conductas; ¡acudamos aos Evanxeos, e se non oímos ben, poñámonos audífonos..., para escoitar as homilías!
¿Os que non van á Misa, que? ¡Pois será cousa de que o Papa outorgue indulxencias aos que van..., en vista de que agora todo o facemos por intereses, por recadar en vez de contribuír!
¿Volver á Inquisición? ¡Nunca; en absoluto; iso gustaríalle a Satanás! A nosa Inquisición ten que ser, debe ser, individual: Facer exame de conciencia, xulgarnos a nós mesmos, impoñernos restitucións, saír da nosa pasividade contributiva, predicar co exemplo, imitando ao samaritano, que niso está a solución. Cal fillo pródigo, volver á casa paterna, á Igrexa!
Como sego de aprendiz en relixión, apúntome encantado á escola dominical (a distancia) de Santiago Agrelo, Arcebispo emérito de Tánger:
Para mi lo bueno es estar junto a ti, Señor, porque la eucaristía no es posible sin la comunión con el cuerpo eclesial de Cristo Jesús: comunión en la fe, en la esperanza, en el amor, que hace de todos nosotros un solo cuerpo, un solo espírito.
Y si no queremos que la comunión eucarística sea para nosotros motivo de juicio y de condena, habrá de ir acompañada necesariamente de nuestra comunión con los pobres en los que Cristo Jesús nos sale al encuentro.
Dichosos nosotros si aquel día el Señor nos revela la verdad de nuestra comunión con el, la verdad de su comunión con nosotros, y nos dirá: Venid, benditos de mi Padre, heredad el reino preparado para vosotros desde la creación del mundo. Porque tuve hambre y me disteis de comer.... Venid y heredad el reino, porque fuisteis evangelio para los pobres. Venid para ser siempre uno conmigo.
Entonces habrás sido, Iglesia esposa de Cristo, la mujer bondadosa, la que adquiere lana y lino , y los trabaja con la destreza de sus manos, la que abre sus manos al necesitado y extiende el brazo al pobre.
Vuelve a hacer tuyas las palabras del salmista: Para mi, lo bueno es estar junto a Dios, hacer del Señor mi refugio. Para mi lo bueno es estar en la comunidad de fe y celebrar con ella la eucaristía. Para mi lo bueno es estar junto a los pobres (1) y ser para ellos sacramento de la cercanía de Dios a sus vidas. Para mi lo bueno es estar en comunión con Cristo Jesús, y en él estar junto a Dios, en él hacer de Dios mi refugio.
Para mi lo bueno eres tú, Cristo Jesús, en quien pido permanecer para que permanezca siempre lo bueno.
(1) Meu querido e moi admirado Fr. Santiago: Transcribindo estas verbas da túa homilía, entroume a impresión de que más dedicas persoalmente; ¡si, a min, que veño de pasar 40 anos de vida laboral na Banca, maiormente entre ricos, servindo aos ricos!
-.-
Temas para reflexionar
¡Que ben o dixo o que isto dixo! Quen tamén o dixo superior foi San Paulo na súa Carta aos Gálatas (Gal 6, 7-10):

"Non vos levedes a engano, que de Deus non hai quen faga riso. Conforme sementes, recollerás. O que semente baixos instintos, dos baixos instintos recollerá podremia; pero o que semente no Espírito, do Espírito recollerá Vida eterna. Non cansemos de face-lo ben, que, como esmorecer non esmorecemos, cumprido o tempo habemos ter boa colleita. Polo tanto, fagamos ben a todos, mentres temos tempo, maiormente ós nosos irmáns na Fe". Daquela, ¿a que esperamos, por que esperamos?
Os romanos, ¡pagáns, si, pero "cobráns" máis aínda!, ben dicían, e ben practicaban, o seu: Do ut des, Douche para que me deas! Pois os cristiáns aínda somos, aínda debemos ser, más prácticos cá eles pois contamos co compromiso bíblico de que Deus paga..., ¡o cento por un! ¿Un cento? ¡Máis aínda, pois a Gloria Eterna non é avaliable coas matemáticas fenicias: é infinita! ¿Sabendo isto, e somos cutres co próximo? ¡Merecemos que os burros nos chamen burros, pois nós tamén levamos a carga..., sen sentila!
Dar é bo, pero, quitar? ¡Nalgún caso, si! Estou pensado, e voume referir, a unha media hora de televisión, pois, se lla restamos para dedicala á meditación nocturna, iso é valiosísimo: ¡Media hora de meditación, na cama, como complemento doutras piedades, é gloria pura, gloria anticipada! Nas grandes empresas, tal que nos Bancos, levan un balance diario, cotián; daquela, para nós, hai empresa meirande cá da nosa salvación? Coas reflexións nocturnas apreciaremos as perdas, pero tamén as ganancias; de onde vimos e para onde vamos. En definitiva, trátase de poñer a traballar a conciencia, que é, ou debe ser, o noso contable.
¿A conciencia? ¡Non hai esmeril máis duro, así que, para que nos pula hai que comezar por pulila; si, a ela! Todo o día, cada día, pero dun xeito especial na quietude da cama.
O hábito non fai ao monxe..., pero axúdalle! Desde que se colle o hábito de examinar a conciencia polas noites, de día en día ímonos facendo máis frades, máis relixiosos. Se fósemos perfectos, tal que os anxos, e para iso algún deles tamén pecou, abusando dese libre albedrío que dá Deus ás súas criaturas, non precisaríamos limar asperezas, pero somos como somos, fillos de Eva, así que levamos ao lombo esa herdanza, e non queda outra máis cá de retornar á limpeza do bautismo, ¡tantas veces cantas sexan necesarias! ¿Como? ¡Lavando os hábitos, os malos hábitos; castigando a conciencia cando esta se nos desmande; amansándoa, coma quen amansa unha fera!
Seica foi o arcebispo Fulton Sheen o que dixo que "o exame de conciencia, en lugar de inducir tristeza convértese nunha ocasión de ledicias". ¡Tivo razón! Claro que dá tristeza rememorar os pecados, pero co arrepentimento, de confesados, a alma medra, goza coa ledicia do propósito da emenda.
A confesión empeza por min mesmo, en min mesmo, traendo á memoria os deslices, para renegar deles; o burro sentirá máis ou menos a carga que leve, pero, unha vez descargado, séntese outro!
Pecar, xa o sabemos, é desertar das milicias de Cristo, pero no arrepentimento está a amnistía, o retorno a casa do Pai. ¡Ben nolo explicou o Mestre explicándonos, aplicándonos, a parábola do fillo pródigo!
Os cinco pasos que recomendaba San Ignacio de Loyola:
1.- Poñerse, situarse, (despois de persignado, claro), na presenza de Deus, agradecéndolle que nos dese a ocasión do arrepentimento.
2.- Pedirlle, agradecerlle, esa gracia que actúa, tan reiteradamente, "non unha vez, nin sete, senón setenta veces sete", na nosa vida.
3.- Agradecerlle que sigamos tendo memoria; unha memoria reflexiva, crítica.
4.- Reflexionar, comparando días: ¿Imos a mellor; imos a peor?
5.- Mirar ao mañá; facer plans de mellora; ¡facelos, e cumprilos!
Os atletas adéstranse acotío; non si? ¿E os cristiáns?
É moi doado separarse, illarse da Igrexa, desertar, así que, en evitación dese perigo recorramos diariamente, noite si e noite tamén, á bandeira de Cristo, ese Cristo que se deixou crucificar para redimirnos, ¡por iso e só por iso, na súa paixón, voluntariamente aceptada!
A miña dona e mais eu, que non nos dá vergoña poñelo por escrito, ¡todo o contrario!, antes de darnos o bico nocturno, "Ata mañá, amor; se Deus quere!", rezamos, ao unísono: "Con Deus me deito e con Deus quero levantarme; que a Virxe María me cubra co seu manto, nesta cama e sempre; e ti, Señor, dáme penitencia en vida, e na morte salvación, que se morro esta noite me sirva de confesión. Amén".
Santa Teresa de Avila, esa Santa que tanto admira a miña dona, na que tanto se inspira, ¡ambas admiten, e confesan, que Deus tamén anda entre os pucheiros!, dicía, afirmaba: "Unha das principais razóns do pecado, ¡das sen razóns!, está en non darse conta da presencia permanente de Deus". Claro que Deus está connosco, desde sempre e sempre, pero se nos durmimos sen lembralo, é tanto como darlle as costas; negarlle, e negarnos, as boas noites, e coas noites, os días.
-.- Gómez Vilabella, Xosé M.