Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rayan

miércoles, 05 de agosto de 2009
O nome do neno que protagonizou a traxedia converteuse nun símbolo.

Estaba chamado a ser o froito vivinte dunha vida nova nun país diferente, truncada pola fiebre A, que garantise a victoria da vida sobre a fatalidade. Pero non puido ser, e a súa morte moito máis ca prematura, froito dun erro desgraciado, marcou o nivel que o desastre pode alcanzar cando se conxugan as circunstanias contrarias.

Unha moza enfermeira ve a súa vida profesional truncada, e a súa vida persoal comprometida por unha acción para a que non estaba preparada. E aí comezan a buscarse responsabilidades porque cando falta preparación non é o non preparado o máis responsable senón o que dispón que pase a desempeñar determinadas funcións.

O tema non está abondo asentado cando segue a circular informativamente e aínda precisa pasear por medios e conciencias, especialmente cando cabe supor que á enfermeira haberá un sindicato ou colexio que a defenda, xa que o resto dos estamentos teñen voceiros e forza, e mesmo alguén do estamento xudicial indicou que a enfermeira puido terse negado -se quixese- a cumprir funcións que entendía lle sobrepasaban. Ou moito ten cambiado o mundo laboral, ou aínda na actualidade é difícil que un traballador poida oporse de forma consciente e decidida a desempeñar unha determinada función.

Sexa como fose, nunha situación como esta, o culpable pode ser o sistema. E se hai que buscar unha persoa que cargue coa responsabilidade, hai que tirar hacia arriba e non buscar no lugar máis doado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania