Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 14 de mayo de 2025
Vivir do conto

Non son o que conta o conto, senón o que vive do conto. Hai moita xente que vive do conto. Máis da que pensamos e cremos. Eu mesmo. Vivo do conto que nunca conto e que sempre prometo contar. Son un troleiro.
Contar un conto tampouco é tan tan fácil. Menos para os que viven do conto. Eses son listos. E, si, xa todos estamos pensando nos políticos... que viviron, viven e vivirán do conto. O mundo está cheo de xente que vive do conto. Repito: eu mesmo. Pingas de Orballo Vivo do conto. Dun conto que todos coñecen e saben xa: que a Perla Negra navega polos océanos, que o lobo oulea desde os outeiros do peito, que a flor do toxo é amarela, que sete son as cores do arco da vella, que todo vai e vén e nada queda quieto, que o que non está quieto é porque se move.
Vivir do conto tamén vive calquera. Soltas palabras a esgalla e toca crelas ou non, sentilas ou non, vivilas ou non. Ás veces tamén chega con xestos ou feitos para vivir do conto. Un simple meneo de cabeza, un sinxelo achegamento e, politicamente falando, arar polo mesmo rego son contos dos que se pode vivir perfectamente e moi ben, ademais.
Vivo do conto desde que me dixeron que contara sempre o que fose, aínda que fose mentira. E que canto máis esaxerase, máis me crerían. Por iso ás veces esaxero o que non ten máis esaxeración. E por iso invento contos sen pés nin cabeza, mesmo sen final. Principio teñen (mal principio), porque por algo hai que empezar. Despois, cada quen que os crea ou non. Vivir do conto é como virar a chaqueta para o suco ou para o rego que máis colleita dea. Así de listos son uns cantos. Moitos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES