Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 13 de mayo de 2025
Agudeza visual

Mal corpo. Críticas que non son condenas, censuras. Agudeza visual. Correccións ortográficas. A pesar de reler o escrito, sempre hai algo que falla, sempre hai alguén que atopa a falta. Agradécese a corrección, a emenda, Pingas de Orballo a rectificación. Mesmo para gastar bromas ou para imaxinar indirectas. Catro ollos ven mellor que dous. Ninguén é perfecto. Nin dándolle voltas e reviravoltas ó mesmo conto.
Ás veces pódese corrixir a corrección. E cando non se chega a tempo, confíase en que haxa outros que a corrixan antes da súa publicación e, se non, xa o lector se encargará de atopar o fallo, a falta para, ó momento, actuar de dúas maneiras: burlarse do autor ou deixar escapar un sorriso cómplice co slogan de que un fallo teno calquera.
Por veces, tales faltas son debidas máis ás présas que ó descoñecemento ortográfico, gramatical. Aínda máis, tales fallos débense máis ben ó teclado, á velocidade con que se lle dá ás teclas con certos dedos torpes ou romos que, de cando en cando, fan das súas.
Hai faltas ortográficas que son tan inocuas que se nota ás leguas que se escribiron sen intención, sen darse de conta. Son tan evidentes ó despiste que o mesmo repaso da lectura non é quen de decatarse. É aí cando si aparece, cando si asoma a agudeza visual de alguén. É aí cando a crítica é broma e a chacota se pode converter nunha indirecta cariñosa, mesmo sentimental.
É bonito que corrixan a un. Iso significa que alguén está lendo iso, que se demostra unha vez máis que ninguén é perfecto e, por que non, que se pode aprender dos fallos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES