Deus Proveerá
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de mayo de 2025
Os galegos temos remedio para todo.
Cando vemos o futuro incerto dicimos:
¡MALO SERÁ!
E dámoslle tempo ó tempo e as cousas van volvendo ó seu sitio.
E todo vai saíndo máis ou menos ben.
Os galegos somos moi sabios porque dicimos:
"NON HAI MAL QUE CEN ANOS DURE".
"TAMPOUCO HAI BEN QUE POR MAL NO VEÑA".
Ademais, moitos galegos tamén cremos en Deus, confiamos plenamente nel e dicimos: "DEUS PROVEERÁ".
A ESPERANZA É UNHA ARMA MOI PODEROSA
Aínda que moitas veces o que espera: desespera...
Nunca se pode perder a esperanza.
A EXPERIENCIA DEMÓSTRANOLO
¿Cantas veces nos parece que nos encontramos nun calexón sen saída?
Moitas.
¿Cantas veces nos encontramos con problemas nos estudios?
Moitas.
¿Cantas veces pensamos que non chegariamos a final de mes?
Unhas cuantas.
¿Cantas veces pensamos que non seriamos capaces de superar unha proba?
Outras poucas.
CADA PROBLEMA TEN A SÚA SOLUCIÓN
Dicía Nelson Mandela que todo nos parece moi difícil ata que o facemos.
É verdade.
Hai que poñerse mans á obra.
Hai que perder o medo.
O MEDO É UN OBSTÁCULO MOI GRANDE
A todos nos gustaría estar instalados na comodidade:
- Que os estudios nos resultaran moi doados.
- Que non nos faltara o necesario para vivir comodamente.
- Que poideramos conseguir aquelo que nos propoñemos.
- Que gozaramos de prestixio.
- Que a nosa familia fora modélica.
- Que tiveramos o provir asegurado...
PERO OS ESTUDIOS NON SON DOADOS
A uns máis e a outros menos; pero a todos nos costa adquirir coñecementos, comprender ó profesorado, empregar moito tempo ó estudio, sacrificar moitos gustos, privarse de certas cousas...
CONSEGUIR O NECESARIO PARA VIVIR COMODAMENTE TEN UN PREZO
- Hai que traballar moito.
- Hai que administrarse moi ben.
- Hai que priorizar.
- Hai que compartir porque dando é como se recibe.
Hai que ter sentidiño...
Así é como dicimos en Galicia.
CONSEGUIR UN LOGRO
- Significa poñer moito empeño.
- Significa non desfalecer no intento.
- Significa moita paciencia.
- Significa moito tesón.
- Significa loitar contra vento e marea e dar tempo ó tempo.
O QUE PENSEN OS DEMAIS
Non debe preocuparnos se estamos convencidos do que traemos entres mans.
¿Qué saben os outros da nosa vida íntima?
¿Qué farían eles se estiveran no noso lugar?
¿Vannos resolver eles o problema?
A NOSA FAMILIA NON É PERFECTA
Non hai familias perfectas.
Os trapos suxos, lávanse na casa.
A nosa familia é a mellor que temos, porque non podemos cambiala.
O ÚNICO SEGURO É A MORTE
O resto: todo pode mellorar se nos empregamos a fondo mentres as forzas físicas e as facultades mentais nolo permitan.
As forzas e as capacidades que Deus nos dá ante a incertidume da vida son as ferramentas que nos din que a Providencia coida de nós e que Deus proveerá no futuro.
Eso é o que pensamos os crentes.
Os ateos, agnósticos e escépticos danlle outros nomes.
Se lles funcionan, tamén valen, aínda que todo veña sendo o mesmo.
Todos estamos nas mans de Deus aínda que non o saibamos.
E cando negamos a Deus, poñémonos en perigo.
Claro que nos gustaría poder confiar nas nosas propias forzas; pero somos máis fráxiles do que pensamos.
"¿COÑECEMOS A NOSA FRAXILIDADE?"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora