Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A directora de orchestra

Pinto Antón, J.A. - viernes, 23 de mayo de 2025
Sempre temos visto homes dirixindo grandes orchestras. Von Karajan, Bernstein, Abbado, Gardiner, Lópex Cobos, Harnoncourt, Dudamel, Óliver Díaz, Barenboim, García Calvo, Muti, o finés tan novo, K. Mäkelä.
"Dirixir non é cousa de mulleres", "Non podes ser directora de orchestra por ser muller", dicíanlle a esta lituana de 37 anos Mirga Gražinytė-Tyla. Que resulta que é directora de orchestra e das boas. Si, visto sempre aos donos da batuta, dirixindo. E tamén, nas orchestras os homes eran, son maioría.
En 2019 Mirga foi a primeira muller en fichar polo mítico selo Deutsche Grammophon. Agora Crítica e público aplauden a súa dirección da ópera "La Pasajera", no Teatro Real de Madrid. O relato do libreto fala da viaxe dun matrimonio nun transatlántico. De cómo o home cre recoñecer á muller que mandou asasinar no campo de exterminio de Auschwitz. A felicidade da parella rompe en anacos cando a historia golpea a viaxe despreocupada e feliz.
O inquietante presente tamén nos golpea. Daqueles nazis, bestas pardas contra a Humanidade, aos nosos opresores cun infinito poder para causar dor e humillación. En Gaza non hai orchestras pero comprobamos no libreto da historia cómo descendentes de vítimas do nazismo convértense en vitimarios. En Ucraína a conta máis avultada é a que pagan os nenos. Un espanto de destrución, unha guerra que nunca rematará. E onde usan desde a máis sofisticada tecnoloxía bélica ata a fame, a máis antiga e eficaz arma de guerra. Terroristas e guerreiros compórtantese como lobos que devoran ata a fame das vítimas. Vimos de comprobalo no asasinato dos sete membros da ONG World Central Kitchen. A fame éche un crime contra a Humanidade.
Onde hai armas non agroma a música. Por iso esta muller, Mirga, esta ópera obrigan a mirar o mundo dun xeito diferente. O angustioso son de voces e instrumentos obriga a nos erguer da morna comodidade. A música é sempre beleza, arte de fraternidade, un berro desgarrado de seres humanos a favor de seres humanos.
Mirga G. Tyla é directora de orchestra. Din que estamos diante dunha estrela emerxente da música clásica. Elixida con 30 anos para dirixir a Orchestra Sinfónica de Birminham, tense convertido en punta de lanza dunha potente xeración de directores e directoras de orchestra.
Din que dirixíu a parte musical desta ópera tan complexa con enerxía e expresividade. Mirga é muller. Pertence ao 50% da Humanidade de xénero feminino. A ninguén estraña xa, excepto á irredutible testosterona, ver mulleres investigadoras, ministras, científicas, xefas de goberno. Mulleres escribindo unha novela inmensa ou conducindo un tractor. Dirixindo unha empresa, unha brigada do exército ou unha gran orchestra clásica. Onde as mulleres aínda non chegan ao 50%. Chegarán cedo. Como Mirga.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES