Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os amores de Don Uxío

Xiz, Xulio - viernes, 09 de mayo de 2025
Este varón postólico amou a Deus sobre todas as cousas, e ás persoas como a si mesmo, ou máis. E amou á Igrexa, entregándolle a súa longa, intensa, vida. Estudiou Humanidades, e desbordaba humanidade. Profundou na Filosofía e en Teoloxía e Ciencias Bìblicas, pero sobre todo rebosaba vitalidade, contaxiaba sorrisos, era imposible non ser seu amigo.

Era un sabio que tanto desempeñou altas responsabilidades no bispado de Mondoñedo-Ferrol como servíu parroquias que o necesitaban, dando exemplo de humildade. Foi profesor do Seminario, Delegado de Cáritas e Administrador diocesán. "Avó dos cregos", chamoulle o Papa Francisco.

Grazas ao amor de Uxío pola terra e polas xentes, garantíu a continuidade do Belén de Begonte nos anos oitenta, e logo a da Polifónica de Vilalba cando veu á miña vila como párroco, e aceptou dirixir con especial interese, totalmente desinteresado, a histórica agrupación.

Amaba a música. Eu coñecíno hai xa máis de medio século como Director do Orfeón de Mondoñedo. Quíxeno e quíxome. En Vilalba fíxose amar por todos os membros da Polifónica, e por todos os veciños.

Amaba a poesía, e foi premiado no Certame de Vilalba. E para as celebracións de Santa Cilia preparaba poemas fermosos que todos cantabamos con fruición. E coa inocencia e ledicia dun neno abría os agasallos que os cantores vilalbeses lle ofrendaban.

Amaba escoitar. Amaba atender. Amaba sorrir. Unha web garda a súa memoria:
https://uxiogarciaamor.org/gl

Son sete os varóns apostólicos que lembra a historia. Para min, desde agorsa son oito: Torcuato, Tesifonte, Indalecio, Segundo, Eufrasio, Cecilio, Isicio e Uxío. Era un home que facía honra ao seu apelido.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES