Pardiñas
Editorial - lunes, 03 de agosto de 2009
Hai medio século, Pardiñas era o segundo balneario da cidade balnearia de Guitiriz, nas terras extremas da Terra Chá. Na actualidade, segue a ser o segundo balneario en canto a augas se refire, pero o primeiro avanzou de xeito astronómico coa construcción do seu gran Hotel Balneario sobre as ruinas do anterior.
E sen embargo, para toda a sociedade galega, na actualidade Pardiñas é un dos máis destacados acontecementos folc, chámeselles sociais ou socioculturais, do país.
Como en todo ten que haber algún culpable, o culpable de Pardiñas chámase Alfonso e é crego. Só, un crego, que veu de Bergantiños para a Chaira hai máis de tres décadas, fixo de Guitiriz o segundo festival con máis sona de Galicia, ademáis doutras moitas accións que veñen moi ó caso, e que nalgúns momentos lle teñen conseguido glorificación popular e algún que outro problema nun escalafón no que non está chamado a ascender.
A aventura empezou hai esas tres décadas coa que chamou "Feira e festa da música e da arte", pero desembocou no Festival de Pardiñas, onde se conxuga a fórmula da mellor música do país e dos paises célticos co ambiente de liberdade, aire libre e libre ambiente que á nosa mocidade lle proporciona desexos de vivir, vivindo a música.
O crego chámase Alfonso Blanco Torrrado, e se alguén lle pregunta dirá que el só é un elemento de unión de todos os rapaces que participan. E iso é verdade, pero tamén é verdade que el é o que consegue (ou pon) os cartos, logra poñer en pé de música ós colaboradores, anima a celebración, responde por todos, corre con todos os problemas, da a cara en todos os estamentos oficiais ou particulares.
É un cura extraño que non é deste mundo, que hai moitos anos Darío Xohán Cabana imaxinou nunha terra ideal que sería "Galicia ceibe, e ti (Alfonso) seu arcebispo".
Pax tecum, crego festeiro de Pardiñas!

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora