Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lucus segue ardendo

viernes, 31 de julio de 2009
É conveniente facer as análises en frío, pero realmente é complicado analizar que sucedeu este ano no noso "Arde Lucus". Quizais termos pouco convencionais como loucura cidadá, felicidade colectiva ou furacán festivo, poderían definilo.

Pasado un mes e unha vez coñecidas as cifras de afluencia, gozados os espectáculos e vivida a festa en todo o seu esplendor, quédanos unha doce resaca, a de saber que se dixo fóra de Lugo, como gozaron esas datas os que nos visitaron.

E a devandita resaca aumenta a nosa sorpresa, o noso orgullo, e as nosas ganas de que "Arde Lucus" mellore ano a ano, e axude como un gran de area máis a colocarnos onde merecemos, onde Lugo se merece. No meu caso a sorpresa esta chegando dende o mundo literario; polas Feiras do Libro polas que vou pasando para defender "As fillas do César", polas cidades de España que vou visitando, lectores, escritores, e mesmo xornalistas, se achegan a preguntarme non só por Lugo, a súa muralla, ou a súa Historia. San Froilán xa o coñecían, pero agora a pregunta estrela é pola nosa festa de exaltación romana e celta-castrexa.

De verdade é un orgullo para min recibir tal aluvión de preguntas e felicitacións en cidades como Sevilla, Valladolid, A Coruña, Cuenca ou Teruel, por poñer algún exemplo. Que xornalistas de Madrid ou Barcelona teñan curiosidade, que cheguen ao correo electrónico da miña páxina web mensaxes de Canarias, Melilla, Irlanda, Francia ou Italia. Cando escoito tanta xente ou leo os seus correos electrónicos, non podo evitar un sorriso de felicidade e de orgullo. Porque é unha honra ser lucense, coma vós.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES