Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Comedias

jueves, 30 de julio de 2009
“Facer as comedias”, en Vilalba significaba estar de broma, escenificar unha humorada ou simplemente contar chistes, sendo o protagonista digno de ser destacado porque estaba á altura do que hoxe consideramos profesionales do espectáculo chámese contacontos ou reciba calquera outra denominación.

Pero había unha ocasión especial na que as comedias nos xuntaban na praza principal, sempre que o tempo o permitise.

Lembro unha actuación memorable na Praza de Santa María, tería eu pouco máis de dez anos, no que as comedias ían actuar á noite e a noticia correu como regueiro de pólvora: esta noite hai comedias na praza.

Cada quen tiña que procurarse o correspondente asento, e as rúas inmediatas enchíanse de espectadores que levaban consigo unha banqueta, unha silla ou entre varios un banco corrido para poder contemplar o espectáculo con certa comodidade.

Non me explico cómo, pero aqueles cómicos da legua montaban un escenario para a actuación, e dende esta plataforma sucedíanse actuacións que nos deixaban atónitos polo inusual da ocasión.

Non recordo do espectáculo máis ca actuación de Cosmín, que era un pequeno gran home de estatura inverosímil pero dotado dunha voz incrible. Foi, supoño, o meu primeiro contacto co mundo da farándula e deixoume marcado porque medio século despois aínda resoa no meu cerebro aquela poderosa voz saída de onde ninguén imaxinaba que podía estar contida.

As comedias eran gratuitas, aportando a vontade cada un dos presentes na medida das súas posibilidades. Supoño que, con arreglo a esa norma, a miña casa nada puido aportar a tan brillante espectáculo.

Despois, asistín a espectáculos sempre a cuberto, agás unha actuación do Ballet Rey de Viana na mesma praza, a poucos metros das vetustas comedias. Tamén desto hai algo máis de corenta anos.

Tampouco paguei entrada a pesar de que era espectáculo de pago, pero cando ía empezar a función empezou a chover furiosamente iniciándose unha desbandada que cando logo se calmou convertiuse nunha xornada de portas abertas porque era imposible saber quen tiña ou non tiña entrada.

Esta vez, as sillas correron a cargo da organización.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES