A Saúde: Un ben moi preciado
							Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de mayo de 2025
							  A vida é o mellor regalo que podemos recibir: é un auténtico milagre.
Podemos nacer nunha familia en boa ou non tan boa situación, chegar nun momento de florecemento ou decadencia cultural ou económica...
Pero vivir sempre merece a pena.
Todos queremos vivir.
Todos temos dereito á vida.
Por eso nos esmeramos en coidar a saúde, non só a saúde física, tamén a saúde mental e a espiritual.
Todas son importantes, pero a máis básica é a saúde física: o alimento corporal.
NOS PAÍSES RICOS É DOADO
Nos países onde non sabemos o que é pasar fame...
Coidar a saúde física resulta relativamente fácil:
- Alimentámonos o mellor que sabemos e podemos.
- Facemos exercicio e incluso imos ó ximnasio.
Intentamos levar unha vida saudable no amplo sentido da palabra.
Certo que non sempre nos alimentamos adecuadamente; pero mentres non sexa por necesidade, aínda non hai queixa.
¿QUÉ PASA NOS PAÍSES POBRES?
No debemos esquecer que hai moitas persoas no mundo que pasan fame, persoas para as que: "non hai pan duro".
Moitas persoas morren por unha alimenanción deficiente mentres nos países ricos tiramos alimentos ós contenedores.
Eso non ten sentido.
Co que nos sobra a uns, amañaríanse outros...
A fame debe ser algo moi duro, mellor non saber o que é por experiencia propia.
Pero ter un recordo para esas persoas, si:
E axudalas na medida das nosas posibilidades, tamén.
Hai quen fai unha aportación económica, que está moi ben e fai moita falta; pero...
HAI PERSOAS QUE FAN MÁIS.
Son persoas que fan voluntariado un tempo da súa vida axudando en orfanatos, escolas, centros de saúde e alí onde as precisen.
Esas persoas reciben máis do que dan porque aprenden a valorar o que é non ter e o seu corazón amplía fronteiras.
Mérito especial é o dos misioneiros que renuncian a unha familia, a vivir coas comodidades das que gozamos nos países desenvolvidos para vivir en pobreza cos máis pobres.
SON PERSOAS DE TÓDALAS CLASES SOCIAIS
A veces persoas humildes e outras persoas que poderáin levar unha vida moi acomodada, persoas con estudos universitarios...
Unhas e outras teñen como denominador común a sensibilidade ante a necesidade.
Ogallá non fixera falta a súa valiosa axuda; pero desgraciadamente fai moita falta.
Contribúen moito a tapar bocas para mellorar a saúde en xeral.
A SAÚDE INTELECTUAL TAMÉN É NECESARIA
O ser humano é o único que nace dotado de intelixencia e vontade.
A intelixencia permítemos coñecer a verdade das cousas.
A vontade permítenos amalas.
Ámbalas dúas facultades necesitan cultivo.
Aínda que cada persoa ten a súa propia capacidade intelectual, todos necesitamos cultivala.
NOS PAÍSES DESENVOLVIDOS
A poboación ten acceso á educación desde a infancia ata a senectude.
Educación básica obrigatiria a cargo dos estado para que tódolos cidadáns dispoñan dos coñecementos básicos que esixe a vida cotiá.
Esducación universitaria para que siga a investigación e o progreso científico.
Ter acceso á educación é unha verdadeira bendición.
Nestes momento da historia, en España: témola.
Pertencemos ós países privilexiados.
Non foi sempre así.
Moitos dos nosos antepasados non tiveron esa oportunidade e levaron unha vida moi dura debido á súa falta de coñecementos básicos.
A SAÚDE ESPIRITUAL TAMÉN É PRIMORDIAL
Non basta con ter a despensa chea de alimentos e a cabeza chea de coñecementos se non sabemos administralos cunha educación moral axeitada.
Unha educación moral que nos permita compartir e amar ás persoas que nos rodean ademáis de coidar a casa común que é a natureza.
E aínda hai máis: estamos chamados á trascendencia.
Moitas persoas viven amargadas tendo moito porque a súa soberbia e a súa avaricia non teñen límites.
Teñen fame de Deus e non o saben.
Hai cousas que só Deus as pode suplir.
As forzas humanas teñen un límite.
A saúde completa necesita a axuda dun ser superior que os cristiáns chamamos Deus.
Cando os criatiáns temos problemas, que os temos como todos, poñemos a nosa vida nas mans de Deus, confiamos nel e dicimos:
"DEUS PROVEERÁ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
							
							
Cachaza Platas, Mercedes
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora