Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na Flor está Fonfría

miércoles, 29 de julio de 2009
Da outra beira veu, meu amor;
veu, da outra brenza.
Veu, na mañá descalza e aterida.
Veu, pola cal ata Fonfría.
Veu, da brenza á brenza.
Na brenza foi amado,
o meu amor dos pés mollados.
Foise, meu amor, para o lonxano;
ó infindo do mundo dos humanos.
Que sóa quedei nesta belida
agardando as letras túas.
Á brenza do asfalto
cantei o meu chorado.
Espero aquí, en Fonfría,
tantos tempos coma días.
Nestas airas do alto,
agardote, meu ben,
calada de palabras,
Agardote, galana e corazón,
no albar desta Montaña.
Ven a calquera hora,
que a brenza floreará ao par de nós.
Teño, meu amor, unha tristeza
que me sobra.
Para te ver, amor, non hai deshoras.
Vente, meu rei, para Fonfría,
onde é posible soñar pola noite polo día.
Ven, meu querido, que a brenza floreou.
Mestouse nos arrós.
¡E eu estou de ben…!
¡Sen ti, e tan belida…!
Meu galano amigo, ¡teño tanto frío!
¡Que soa me quedei!
¡No-calor, de cerzo o corazón!
¡En Fonfría perdida ao pé do pico!
En Fonfría meus beizos que marchitan
Buscando nun ar que non me traen
a doce tenrura dos teus bicos.

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES