A proa de Galicia
Editorial - miércoles, 29 de julio de 2009
Se Vigo vai, Galicia vai dixo Abel Caballero, Alcalde de Vigo, dentro dos actos do Día de Galicia. E non se quedou atrás o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que afirmou que Vigo será A proa de Galicia.
Decididamente a palabra é unha especial arma dos políticos, e neste caso foi sabiamente utilizada para dicirlle ós vigueses destacados xuntos nos xardíns do Pazo Quiñónes de León, precisamente o que querían escoitar.
En casos de festa maior ou de arrebato político, en actos multitudinarios, a palabra é o elemento preciso para unir a todos os que pensan dunha determinada maneira. Mais, se temos en conta os chauvinismos das pequenas ou grandes capitais que consideran consideramos- ser o centro do noso pequeno universo.
Porque case todo o que se di é verdade. No caso que nos ocupa, verdade absoluta. Naturalmente que se Vigo vai, Galicia vai. E que Vigo foi, é e será a proa de Galicia.
Porque xeográficamente hai cabos galegos máis ó occidente que Vigo, e o fisterra queda moito máis arriba nos mapas galegos. Pero Vigo si que é a primdeira cidade galega, en poboación e industria, e ten a vantaxe de ser ponte con Portugal, e abre camiños físicos e inmateriais hacia Europa e a todo o mundo.
Aceptamos Vigo, como proa de Galicia, Sr. Presidente. E con toda a boa fe galega, desexamos que Vigo vaia, para que vaia Galicia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora