Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Apagóns' e Globalización

miércoles, 10 de septiembre de 2003
O apagón que días atrás deixou sen enerxía a millóns de cidadáns no noroeste de EEUU, deixou ao descuberto ata que punto se pode deixar en mans privadas os alicerces fundamentais dun país como é a enerxía eléctrica. Pero non só é este problema de servicio público, senón que tamén pode acontecer (xa está acontecendo no noso país) noutros tan vitais como poden ser a sanidade, o ensino, os portos e aeroportos de interese xeral, a seguridade en todas a súas vertentes, comunicacións e combustibles.
O que fora Secretario de Enerxía do Goberno de Bill Clinton, Bill Richardson, recorrera de arriba a baixo EEUU advertindo do perigo de catástrofes como a que aconteceu do apagón, falando coas compañías privadas que investiran na modernización das plantas eléctricas e nas liñas de alta tensión, pero foron palabras ditas no deserto. As compañías só lles interesa gañar diñeiro axiña que atender as necesidades públicas dun país.
Este desastre do apagon nos ten que facer reflexionar ao cidadán de a pé, que poñer en mans privadas certas industrias de servicio público, é como poñer o “ raposo dentro do galiñeiro”. O que interesa a esas multinacionais non é o desenrolo dun país, senón o lucro inmediato.
Sempre se demostrou que as corporacións públicas nacionais, dende un punto de vista estratéxico, é vital para o desenrolo dun país, para a súa seguridade e para unha boa saúde democrática. O argumento globalizador de que coas “privatizacións” os consumidores teríamos mellores e baratas prestacións, na actualidade ese argumento é falso. A mesma cantiga se nos dixo coa privatización da banca pública, xa que nestes intres a eficiencia e o bo servicio é mediocre, o costo que estamos a pagar os cidadáns polo seus servicios chegan ata preto das nubes.
Estamos chegando a un estado de dependencia dos poderes das multinacionais, que calquera goberno elixido democraticamente nas urnas gobernará ao dictame do que digan estas corporacións, afastando ao cidadán do que é de todos, sufrindo nas nosas carnes as deficiencias e altos costos de servicios que consideramos de primeira necesidade afectando ao mundo do benestar. Pero o máis grave de todo isto, xa non é ese “apagón” en EEUU, senón que os cidadáns sepamos por qué se produciu e a que intereses benefician, coido que eses intereses poden ir por un camiño de máis cobiza, como pode ser a revisión dos tratados de Enerxía Nuclear, cousa que aínda non escoitei en ningún faladoiro nin opinións de xornais. Si ese é o camiño dos gobernos e do neoliberalismo actual, coido que non faltará moito tempo en irnos todos para o carallo.
Esteamos vixiantes e atentos ante unha volta de parafuso nun servicio público como é a Sanidade en España, a están privatizando solapadamente que case non nos decatamos, o camiño que leva non é para votarse a rir, Fundacións, falla de camas, deficiencias graves, máis consorcios con entidades sanitarias privadas, etc.
Xa iremos ollando co tempo, senón poñemos remedio, a apagóns non soamente eléctricos, xa que poden ser doutras características, inclusive de orde democrático.
O que non o vé é que está cego.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES