Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A guerra papal

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 28 de abril de 2025
Morreu o papa. E moitos dirán que, como estaba enfermiño, agora descansa en paz. Os demais... para os demais, agora empeza realmente a guerra. Non sei se foi por medio das películas ou de certos libros, pero o caso é que na conclave que se celebra para escoller un novo sumo pontífice, sempre imaxinei unha auténtica guerra sen cuartel. A guerra papal Unha guerra duns personaxes que, se entende, non deberían de andar con esas artimañas, con esas navalladas polas costas, con esas carraxes que ata nin os deixarán durmir a gusto. Pero andan, vaia se andan.

Nestes días, aí asomará de todo. O mesmo demo. Que, eles, precisamente eles, o teñen ben dentro e, si, ben grande. A cobiza para ser papa é tan grande que é normal que pensemos en asasinatos ou en mortes dalgúns papas que quedaron aí... entre que nin arre nin xo, coa desconfianza aniñando nas mentes dos malpensados (ou non).

A política, as alianzas, as rivalidades persoais xogarán un papel importante. Algúns cardeais buscarán un líder que manteña o status quo, mentres que outros desexarán un cambio radical. As loitas internas tamén estarán á orde do día. Diferentes faccións dentro do colexio cardinalicio competirán por impoñer o seu candidato, o que xerará tensións e mesmo enfrontamentos. Incluso a influencia de países ou grupos específicos poderán ser determinantes.

O proceso do conclave está deseñado para ser o máis transparente posible, pero na práctica, a discreción e a estratexia serán claves. A conclave papal é moito máis que unha simple elección. É un xogo de poder, fe e política que reflexa a complexidade dunha das institucións máis antigas e respectadas do mundo. Pódese dicir que cada elección deixa unha pegada na historia e na dirección que tomará a Igrexa nos anos vindeiros.

O poder do papa non só radica na súa autoridade espiritual, senón tamén na súa capacidade para influír en asuntos mundiais, políticos e sociais. Por iso non me estraña nada que a elección do novo pontífice será como nas anteriores: unha guerra practicamente a morte, sen trincheiras, coas baionetas por diante ata a fumata branca. E despois... aínda Deus dirá. A Igrexa non é unha institución calquera e está comandada por uns seres bondadosos que dedican a súa existencia a orar polos demais. Por eles... Eles, hoxe, están en guerra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES