Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Beira do Camiño: A Festa do Patrón Santiago

martes, 28 de julio de 2009
Un ano máis estamos a celebrar a Festa do noso Señor Santiago. Excelso protector de Galiza, España e de moitas parroquias do mundo hispano/americano. En Santiago de Compostela, cunha rumbosa cerimonia e coa solemnidade ornamental de todos os anos. Coa presenza do Goberno Central, este ano delegada no presidente da Xunta. Como receptor da Ofrenda e da resposta ao discurso, vai ser o arcebispo de Santiago, D. Xulián Barrio, acompañado dos restantes bispos das dioceses de Galiza e unha morea de representantes dos organismos oficiais, tanto culturais e sociais como militares e mesmo relixiosos. Acompañaraos un grupo reducido de santiagueses, peregrinos e turistas.

Coma sempre, van ser retransmitidos (polo menos os discursos) polos canles de TVG a da estatal TVE e por varias cadeas de Radio. Coma sempre, non van faltar tampouco os discursos dos gobernantes pedindo e traspasando ao Señor Santiago aqueles problemas que eles teñen a obriga de resolver. As respostas, sen grandes compromisos concretos ante tantas dificultades, han de volver a insistir no mesmo. Sempre foi desta maneira. Un xeito, quizabes mais solapado, de manipular e de se aproveitar do Señor Santiago.

No resto do mundo, xunto coas numerosas parroquias do rural galego, onde abondan as dedicadas a Santiago, as festas van ser máis simples e sinxelas, sen que por iso deixen de seren, posiblemente, máis auténticas e profundas. Quizabes se identifiquen mellor coa idea e a mentalidade primaria dos fillos do Zebedeo (Santiago e Xoan) que levaron unha vida semellante a do seu Mestre e Señor Xesús.

Pola nosa banda, aceptamos o reto e a chamada do Señor que nos convoca a compartir, celebrar, agradecer e gozar da presenza do Deus da comunidade e do amor. Ao Deus que enviou ao seu Fillo ao mundo para que pasara facendo o ben, e nos deixara o seu arrecendo de solidariedade.

Que na festa do Santiago, o que non renegou endexamais, diante da chamada do Mestre, e da nosa terra Galiza que tampouco nosoutros reneguemos nunca nin do seguimento de Xesús nin do compromiso de traballar por unha Galiza solidaria, xusta, libre e agradecida por termos unha lingua para expresar a vida, os sentimentos e a nosa fe. Temos de agradecer a Deus, Pai e Irmán, termos unha fermosa Terra, na que, segundo unha vella tradición herdada dos nosos antepasados, nos iniciou na fe, o apóstolo Santiago. Que vivamos esa fe con coherencia, autenticidade e fidelidade a Deus e a nosa Terra. Por riba das nosas diferenzas, ideoloxías e crenzas. Boas festas para todos e todas.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES