Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mateo e Uxía (5)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 29 de mayo de 2025
Capítulo quinto

(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).

Uxía parece flotar no espazo cada vez que escoita a Mateo. Xa non sabe se é que está namorándose ou se é que admira os coñecementos de historia del, pero si, hai algo no seu corazón que lle bule por cada palabra do aposto rapaz. O seu peso fáiselle ingrávido cando fala con el.
Ao día seguinte quedan de verse de novo e Uxía espera que a "máquina das historias" lle conte máis cousas de Foz e que ela descoñece. Claro está, Uxía fixo arquitectura e Mateo é arqueólogo e historiador, son cousas moi distintas e agora quen parece triunfar nas leccións é Mateo.
Uxía levántase cedo para facer cousas e logo ir á cita con Mateo. Quedaron ás 10 no Dandy para tomar un café e a ver que pasa, se van a algún sitio ou se se quedan a falar de outras cousas.
Uxía chega ao Dandy e alí xa está Mateo. Recíbea cun motón de folletos turísticos que colleu na oficina de turismo de Foz. Uxía séntase e mentres lle serven un café, Mateo pregúntalle, ti sabes onde é o Cu do Castro?. Pois si, claro que si, é na parte occidental da praia de Llas", respondeu Uxía. Tesme que levar aló, lle dixo Mateo, vin nestes folletos que alí houbo un castro e apareceu un torques, lle dixo Mateo. Pois nada, imos aló, respondeu Uxía.
Chegados ao Cu do Castro, Mateo lévase a súa maior desilusión da súa vida ao ver un chalé construído xusto encima do castro. "Que barbaridade, dixo Mateo, como se poden permitir esas cousas?. Xa me imaxinei que dirías iso, exclamou Uxía. "Aquí encontraron un torques, dixo Mateo, pero non era un torques calquera. Era un torques moi parecido ao de Burela. O de Burela está considerado o mais importante do mundo celta e crese que puideron ser feitos polo mesmo artesán. Este torques ten tres nomes, cóntoche: Torques de Marzán, Torques de Maañón e Torques do Cu do Castro. Foi encontrado precisamente por Ramón María Maañón López, no ano 1897, neste prado que era da súa propiedade. É de ouro de 22 quilates e mide 335 mm. de lonxitude e pesa 790 gramos. Agora está no museo provincial de Lugo e quedouse cun só nome, O Torques de Marzán.
O Torques de Burela mide 21,1 centímetros de diámetro, e pesa 1.800 gramos, e tamén é en ouro macizo. Encontrouno un labrego en 1945 nunha terra do castro en Burela, comentaba Mateo. O que pasa que ao de Marzán fáltalle unha das dúas perillas, ou sexa, esas boliñas que teñen nas puntas.
Mira Uxía, lle di Mateo. Toda a colección de torques que ten o Museo Provincial de Lugo, eran propiedade de Álvaro Gil, corenta pezas declaradas BIC (Ben de Interese Cultura). A Deputación de Lugo mercoullos aos herdeiros de Gil por importe de 2,5 millóns de euros en febreiro de 2018.
Mateo, teño que preguntarche algo, lle dixo Uxía, dixéchesme que as figueiras estas silvestres que as hai en tódolos lugares onde hai un castro, non?, iso quer dicir que por aquí houbo moitos castros, non?. Pois si. Como podes apreciar toda esta zona ten figueiras deste tipo. Os figos que dan non se comen. Responden ao nome científico de -Ficus carica- e son moi difíciles de erradicar, mentres quede algo delas, han volverse a dar, lle respondeu Mateo. Pois agora que me lembro, tes razón, porque eu escoiteille a meu pai dicir que nas dunas da praia de Llas queimáronas aló polos anos 70, e mira, volveron a medrar, comentou Uxía. Claro, dixo Mateo, sempre que quede algo vivo delas, volven a reproducirse. Por iso os celtas as usaban para coñecer os seus poboados desde o mar e incluso rodeaban con elas os seus poboados para abrigalos do frío e dos ventos, respondeu Mateo.
Mira unha cousa Uxía. Estas figueiras son da familia das MORÁCEAS, quizais de aí que nalgún momento en vez de chamarse Foz, chamouse MOREDA, dato que aparece nalgúns documentos. Posiblemente lle puxeron primeiro Moreda pola cantidade de figueiras existentes nesta zona, e despois cambiáronlle de nome e lle puxeron Foz que ven de Fauce -desembocadura, paso estreito entre montañas, sitio onde un río entra no mar ou noutro curso de auga-.
Para rematar, miña querida Uxía, vouche dar unha sorpresa, Sorpréndeme logo, lle dixo Uxía. Ti sabías que na necrópole de Cangas de Foz, apareceron uns restos óseos humanos que eran de xigantes?, comentou Mateo. Uxía escachizándose á risa, respondeulle, o que me faltaba de oír. Pois si Uxía, é moi certo. Apareceron un ósos que formaron parte dun esqueleto dunha persoa, home ou muller, que no seu día de vivo, puido medir polo menos tres metros de altura. Estaste mofando de min, respondeu Uxía. Non corazón, nunca che faría iso, non me mofo de ti, é certo. O que non sei é que se fixo deles, non sei se os levaron ao Museo Provincial ou o que pasou, pero é certo, lle recalcou Mateo.
Verás, lle dixo Mateo, ao longo da historia, sempre se falou de xigantes e a propia biblia nos comenta cando o xigante Goliath marchou ao fronte do exército filisteo para derrotar a Israel, e ao final, un crío de quince anos chamado David e cun simple tira pedras, matou a Goliat e despois proclamárono a el rei de Israel, rematou Mateo.
Sabes que teño fame?, comentou Uxía. "Pois nada, imos comer que te invito, respondeu Mateo. É moi boa hora e acepto de mil amores, dixo Uxía, que ao tempo a moi pilla, lle espetou un bico nos beizos a Mateo alegando, isto como entrantes...

CONTINUARÁ o día 5 de xuño de 2025.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES