Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mateo e Uxía (4)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 22 de mayo de 2025
Capítulo cuarto

(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).

Despois do inesperado bico que lle deu Uxía a Mateo, este decide quedarse un Foz uns días máis para analizar de preto a historia desta vila, parécelle interesante un pobo con historia propia, aínda que Uxía, como nativa estea pez nela, unha rapaza con carreira universitaria e non sabe nada de historia local.
Cando marchas, Mateo?, comentou Uxía. Non marcho aínda, voume quedar uns días, que che parece?, respondeu Mateo. E onde vas durmir?, comentou Uxía. No hotel Isla Nova, lle comentou Mateo. Se queres podes vir para a miña casa...!, lle dixo Uxía. Falo con meus pais e ves durmir alí. Non, respondeu Mateo, é un tanto cedo e non quero aínda meter a teus pais en todo isto. Todo se andará e non quero que nos precipitemos, é moi cedo deixou caer Mateo. Estou de acordo, tes razón, temos moito tempo para arranxar iso, dixo Uxía.
Uxía marchou para a súa casa e Mateo foise para o hotel. Esa noite e antes de irse para a cama, Mateo falou con Rivera o dono do hotel e fíxolle vairas preguntas sobre Foz. Rivera para responderlle, recomendoulle visitar a oficina de turismo sita no CENIMA "alí che dirán cousas moi importantes sobre Foz.
Ao día seguinte, Mateo xuntouse con Uxía e a rapaza non puido evitar preguntarlle que, xa aprendiches algo?, porque a ti xa che teño medo, asina sacas partido de calquera folleto que les de historia, comentou Uxía. "Pois si, respondeu Mateo, sabes de onde ven o topónimo Foz, non, respondeu Uxía, pero xa sei quen mo vai contar, ou non?. Pois si muller, ven do latín –FAUCE-, que significa –desfiladeiro- ou -desembocadura- ou –paso estreito entre montañas- ou tamén –val estreito-. entón ESTEIRO, que quer dicir?, preguntou Uxía. Pois é algo moi semellante é unha zona de costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar.
Pero hai un dato curioso, lle cometa Mateo, que non se sabe con exactitude onde naceu o porto de Foz. Crese que puido ser no lugar Rego de Foz, xusto na praia da Rapadoira, e ese Rego formábase pola baixada das augas que se producían no lugar chamado As Lagoas, ou sexa, onde chantaron as famosas Torres de Foz. Antigamente toda esa zona era unha lagoa de aí o nome. Outro detalle curioso é que fai moitos anos, as lanchas de Foz eran amarradas nunha pena que hai na Rapadoira que lle chaman PENA DO ESCAIRO. Verás, segundo os vellos, o de –escairo- resulta ser un malapropismo. Os malapropismos son palabras que se din dunha forma e logo alguén as pronuncia mal e acaba todo o mundo dicíndoa mal. Pois ben, -escairo- non era así a palabra, era SOCAIRO, palabra galega que significa ABRIGO, precisamente, abrigo é o que necesita o mariñeiro para atracar e deixar a súa lancha segura dos temporais e dos ventos fortes.
Tamén me contaron, prosigue Mateo, que a praia da Rapadoira que se chama así desde fai moi pouco tempo. Non tiña topónimo ata principios do século XX, e ao parecer un tal Pepito Veiga fíxolle un poema á pena que había alí, e por ser unha pena moi "lampiña", chamoulle –rapadoira- que ben de rapar e tamén se lle chama rapadoira a un pau que se pasa por enriba dun recipiente para aplanar o seu contido, por exemplo, nun ferrado, aplanar o trigo ou o millo. Non sei se sabes, Uxía, que o topónimo LLAS, da vosa praia, ven do idioma prerromano que tiñan os nosos antepasados, ou sexa, o celta, e quer dicir –á dereita dun río-, pero alí non hai ningún río!!!, comentou Uxía. Non, lle dixo Mateo, pero á súa esquerda mirando ao mar, hai un entrante de mar que lle chaman AUGADOCE, palabra composta de –auga- e –doce-, pode que antes houbera un regato ou pequeno río e de aí o de auga doce. Se fose ao revés, que o río estivese á dereita da praia, a praia chamaríase LLES e non LLAS. Bufff que lio, dixo Uxía.
A historia de Foz fálanos constantemente do mar. Se miramos cara a Barreiros, lle comenta Mateo, ao Noroeste, veremos a "Pena do Altar" da que Villaamil e Castro, no seu libro "Antigüedades prehistóricas de Galicia" relaciona, a esta pena, con antiquísimos usos druídicos nos que os "Druídas" ou sacerdotes celtas ofrecían sacrificios aos seus respectivos deuses. "Meu fillo, ti non podes saír da casa que non paras un minuto!!!", lle dixo Uxía chanceándose.
Mateo continua coa súa clase de historia, "tamén o ilustre apoloxista das letras luguesas, Amor Meilán, asegura no seu relato dedicado ao noso ámbito local, que, "Posidonio da por indiscutible que Foz era una de esas ciudades establecidas o fundadas por los ártabros", ou ben, e indo mais alá, crea como moi probable, que Foz puidese ser "una de aquellas factorías que en el litoral gallego establecieron los tartesos cuando por aquí arribaron". "Quen era Posidonio, preguntou Uxía, ti xa sabes que eu son arquitecta e non historiadora, perdoa a miña ignorancia". "Verás, Posidonio naceu en Apamea (Siria), no ano 145 antes de Cristo. Era matemático, historiador, filósofo, escritor, físico e xeógrafo. Morreu en Roma no ano 51 antes de Cristo. Veo ao Atlántico facer un estudio das mareas, porque xa sabes que no mediterráneo apenas sube e baixa o mar, pero o Atlántico é inmenso en comparanza e de feito, foi el o que descubriu que as mareas móvense por mediación da lúa. E tamén veu a Galicia, onde estudou aos nativos aos que el chamaba CELTAS, e de feito, aos sacerdotes celtas ou DRUÍDAS, Posidóneo cualificábaos de –filósofos-". Mateo colleu o seu móbil e buscou en internet e redactoulle a Uxía unha cita sobre Posidinio: -Posidonio fue la principal fuente en lo relativo a los celtas  de la  Galia  y fue citado de forma profusa por Timágenes, Julio César, Diodoro Sículo y Estrabón-". Entón é indiscutible de que os galegos somos os auténticos celtas?, preguntou Uxía. Pois si, lle confirmou Mateo, aínda que encontrarás energúmenos que digan que non.
Tamén che podo contar, proseguiu Mateo, que o 19 de xuño de 2013, o xornalista Santiago Romero publicou no xornal Faro de Vigo un artigo que titulaba "El ADN de Breogán, no que con un subtítulo aclara "Estudios de la Universidad de Oxford ratifican que la mayoría de los británicos son descendientes de tribus de Galicia. Podes buscalo en internet tamén. E xa sabes que Breogán foi o primeiro rei e caudillo celta que houbo en Galicia.
E para rematar, lle dixo Mateo a Uxía, Tamén hai que destacar, que os catro portos máis importantes na Mariña na captura da balea nos séculos XVI e XVII, foron Burela, Nois, Foz e Rinlo, que supoño que xa saberás que Nois foi concello ata 1840 e a Nois pertencía Burela. Como tamén foi Vilaronte. En 1841 quedou un só Concello, Foz que absorbeu a Nois e Vilaronte. E nesa transición, Burela ao pertencer a Nois, pasou a ser de Foz durante uns meses ata quedar en Cervo.

CONTINUARÁ o día 29 de maio de 2025.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES