Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mateo e Uxía (3)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 15 de mayo de 2025
Capítulo terceiro

(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).

Despois dun atarefado día en Foz, Mateo vólvese para a súa Ribadavia natal en Ourense. O primeiro que fai e chamar a Uxía e darlle as grazas por todo "pasei un día fermoso e marabilloso contigo. Pero, sabes?, cando che din o bico nos labios, pensei que me ías espertar unha hostia". Meu pobre!!!, lle dixo Uxía, claro, como son unha nena, íame asustar por un bico. Non muller, dixo Mateo, é que foi tan de repente...!. Mateo, gústasme, polo tanto, non pasou nada. Unicamente que queiras que che de as grazas!!!. Non Uxía, tamén me gustas ti a min, pero pensei que che parecería mal. Non, home non, tranquilo. A ver, cando volves a Foz!. Antes do que pensas, pois dixéronme que en Foz hai un castro que é o único escavado da Mariña". Pois si, é certo. O castro de Fazouro é o que está escavado, porque tamén hai o de Lelle en San Martiño e outros castros en Foz, coido que ata dez, ou iso din. Pois alá vou, lle dixo Mateo, pero antes, voume informar.
Aos quince días aparece Mateo en Foz. Chama a Uxía "estou en Foz. Vaia hom, non puideches avisar antes?. A emoción non me deixou, lle dixo Mateo. Vente rápido se podes, teño moito que che contar". Vou, home vou, avisaras hom!!!, respondeu Uxía.
Tomaron un café no Xoyma e despois foron ver o castro de Fazouro. As primeiras sensacións para Mateo é que se trata dun castro novo, dun castro recente. É un castro dos séculos I e II da nosa era, lle comentou Mateo a Uxía. Fíxate ben, ten construcións cadradas e algunha circular, iso quer dicir que se trata dun castro romanizado, ou sexa, de cando a colonización dos romanos na nosa península.
Parece ser, prosigue Mateo, que foi descuberto en 1963, e quen o descubriu foi un tal Leopoldo Carro Moledo, fillo duns fotógrafos de Foz, Foto Celta, e foi escavado por obreiros do Concello de Foz, sendo alcalde José María Beltrán Veiga. É dos chamados Catros Marítimos do Noroeste".
Este castro corresponde a un asentamento cuxa cronoloxía, a maioría dos expertos, sitúana no cambio de Era e séculos I – II d. de C., é dicir, na época galaico-romana, máis que propiamente castrexa. Dita orixe ten o seu fundamento nos achádeos de "terra sigillata" hispánica, en cerámica común romana, pero tamén pola distribución organizativa estrutura interna do poboado, así como polos seus elementos construtivos.
Que significa -terra sigillata-?, preguntou Uxía.
Cóntoche, "Terra sigillata" ou "terram sigillatam" é un termo arqueolóxico. Provén do  vocábulo latino "sigillum" que significa selo. Aplicábase á cerámica, de uso corrente na época do Imperio Romano, feita cun molde  utilizando una arxila fina; é de cor vermello e está cuberta de verniz brillante. As pezas desta cerámica están decoradas normalmente con selos, de aí o nome de "sigillata".  A "terra sigillata" constitúe un dos principais restos orientadores nas escavacións romanas. Decaeu no transcurso do século II d. de C., ata desaparecer no século III. Este tipo de cerámica pódese observar en calquera museo que mostre arqueoloxía romana. Lembremos que,  entre outros sitios, a podemos observar no museo romano de Mérida, que fixo Moneo", comentou Mateo.
Despois de pasar media mañá vendo o castro, Mateo e Uxía vanse comer e alí comeza a clase de historia de Mateo. "Mira Uxía. En tódolos lugares de Galicia, dito lugar toponímicamente se chame "Castro", aí hai ou houbo no seu día un castro. Incluso adoitan estar rodeados de figueiras silvestres, moi difíciles cando non imposibles de exterminar. Esas figueiras eran para os celtas como faros ou balizas orientativas para saber onde estaban os seus poboados. Que é un castro?. Pois un castro é un poboado ou fortaleza celta. Si, escoitaches ben, nós os galegos, somos os auténticos celtas e non os bretóns ou os irlandeses ou os escoceses como sempre se pensou. Somos nós, os galegos. Tamén hai as CITANIAS, que tamén son poboados prerromanos, de 3.000 a 4.000 anos, pero máis grandes que os castros. E sabes de onde ben o xentilicio CELTA?, pois vén dos Alpes franceses, que ao non ter un nome concreto a nosa terra, bautizáronnos como "celtas", así algo parecido cando en Australia os colonizadores viron un canguro e preguntáronlle a un nativo "que animal é ese?, ao que o nativo constou "canguro", pero non era o nome do animal, o nativo con esa palabra dicíalle -non te entendo-, e a nós pasounos igual.
Verás, os habitantes da Mariña de Lugo, foron os que subiron ao Norte a amosarlles a nosa cultura aos irlandeses, bretóns e escoceses, por iso teñen a gaita que evolucionou máis ca nosa, seguía Mateo. Outra cousa curiosa Uxía, sabes como se chama a policía irlandesa?. "Será policía, como en tódolos sitios, ou?, lle dixo Uxía". "Pois non, dixo Mateo, a policía un Irlanda chámase GARDA igual que en galego GARDA CIVIL. Pero é máis, que en Irlanda a palabra GARDA é igual que en galego ou español, é unha palabra que sempre ten que ir acompañada de outra, por exemplo: Garda Civil, Garda Montes, Garda Ríos, Garda Forestal, etc. pois en Irlanda é GARDA SÍOCHÁNA, que significa "GARDAS DA PAZ", pero a palabra GARDA xa ves que é en galego non GUARDA como en español, porque nós fomos arriba e non eles abaixo. Sabes tamén, que por esas terras, teñen o DOLMEN como en Galicia". "Que é un dolmen?, "pois os dolmens son cámaras funerarias prehistóricas, como tamén as MÁMOAS, estas están cubertas de terra sobre cinco metros de altura por trece de circunferencia, comentaba Mateo. Despois está a Bretaña Francesa, que foi fundada por Bretóns que fuxiron ante as invasións SAXONAS no século V. Ai!!!, non sei se sabes, que tamén outros anglosaxóns fuxiron de Bretaña nesa mesma época, século V, e como sabedores de que no norte da Hispania existía un lugar de moita paz e que era Galicia, chagaron ata aquí dirixidos polo Bispo Maeloc e no centro da provincia de Lugo, fundaron unha cidade que lle puxeron o nome do seu país BRITANIUM (BRETAÑA), dita cidade aínda existe que agora se chama BRETOÑA, que aí o bispo Maeloc constituíu unha se episcopal de carácter persoal que despois no século IX e no Concilio de Braga en Portugal, decidiron trasladala a un lugar chamado MONDOÑEDO, que ben a ser o noso SAN MARTIÑO. De aí nace a se episcopal de San Martiño que exerce como se episcopal ata o século XII, que se traslada a Valibria o que hoxe é o actual Mondoñedo.
Uxía interrómpeo; Mateo, oíches algunha vez falar da Pedra Sagrada de Xacobe?. Tamén é coñecida como Pedra de Scone, comenta Uxía. Pois non. Nunca escoitei falar dela!, respondeu Mateo.
Verás, comenta Uxía. Isto vén ao caso do que dis, que nós fomos arriba ao norte. A Pedra Sagrada de Xacobe é unha pedra que ao parecer, camiñando Xacobe, neto de Abrahán, por terras perdidas fai máis de tres mil anos, ao chegar a noite deitouse para durmir e puxo como almofada unha pedra. Esa noite, Xacobe soñou cunha escaleira luminosa que chegaba dende a terra ao ceo. Por ela, baixaban e subían anxos e no máis alto da escaleira aparecía Deus (Eloín), que lle dicía a Xacobe, que chegaría a ser o patriarca dunha gran nación. A partir de aí, Xacobe pasaría a chamarse Israel e tería doce fillos, que serían os que formarían as doce tribos de Israel, comentáballe Uxía a Mateo o cal a escoitaba moi atento.
Uxía proseguía coa súa charla. Esa curiosa pedra, chegou non se sabe nin como nin por que, fai moitos séculos a Galicia, pero as nosas relacións culturais con Irlanda, Escocia e Bretaña, fixeron que nós os galegos lla regalásemos a Escocia. Que interesante!, comenta Mateo. Sigue, sigue, que moito me gusta esa historia.
Pois resulta, que en Escocia sempre se coroaron os reis sentados sobre de esa pedra, pero é máis, comenta Uxía, resulta que, os ingleses roubáronlle esa pedra aos escoceses e estivo en poder de Inglaterra moitos anos. Para iso son especiais os ingleses!, comentou Mateo.
Pois resulta, prosigue Uxía, que cando o 18 de setembro de 2014, Escocia tivo o referéndum para independizarse de Inglaterra, a Raíña Isabel II dese país, devolveulle a Pedra Sagrada aos escoceses, coa condición, de que cada vez que en Inglaterra se coroe a un rei, Escocia prestará a Pedra Sagrada para a coroación como así aconteceu na coroación do Rei Carlos III, o día 6 de maio de 2023.
Sorprendido pala historia relatada, Mateo preguntoulle a Uxía, pero de onde sacaches tan fermosa historia?, pois moi fácil, respondeu Uxía, do escritor e investigador Javier Sierra. Un gran mestre da historia, respondeu Mateo, moi bo, moi bo.
E para que haxa unha cuarta parte, alega Mateo, xa non che conto máis por hoxe, porque así o teño como desculpa para volver a Foz e volverte a ver, lle dixo Mateo a Uxía".
Uxía colleu e deulle un bico nos labios a Mateo e lle dixo, "isto para vingarme do que ti me deches.

CONTINUARÁ o día 22 de maio de 2025.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES