Mateo e Uxía (2)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 08 de mayo de 2025
Capítulo segundo
(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais.)
Despois de pasar un marabilloso día en Foz, Mateo regresa a Ribadavia o seu pobo natal en Ourense. Vai encantado da visita que fixo á basílica de San Martiño de Mondoñedo, encantado e feliz ao tempo, pero leva no maxín unha pregunta que lle bule a cotío: San Gonzalo (Bispo Santo), e o sartego do suposto templario?.
Aos poucos días decide buscar libros sobre da basílica para informarse, pero recorre varias bibliotecas e nada encontra. Decide buscar en internet, pero descubre que en internet hai datos erróneos, como por exemplo, que nalgún lugar di que esta basílica é do século XII, pero é un dato incorrecto e que se confunde co século en que a se episcopal foi trasladada a Valibria (Santa María de Vilamaior).
Mateo sabe perfectamente, que esta basílica é prerrománica, polo tanto, o prerrománico é de antes do século XII. Esta basílica foi construída nos séculos IX e X e as columnas visigóticas que ten na entrada principal, son do século VI, pertencían ao anterior templo. O que si ocorre, é que foi se episcopal ata 1112, data na que foi trasladada a Valibria por orde de dona Urraca de León para evitar os ataques dos piratas normandos ou sarracenos. Unha vez trasladada a se episcopal a Valibria, a esta localidade cámbianlle de nome e quédase co de Mondoñedo.
Ao non encontrar libros sobre San Martiño, Mateo ten dúbidas de si por estar así tan oculta nunha aldea, se carecerá de información e que non existan libros que traten de tal "galanía". Decide chamar a Uxía e pregúntalle, "a ver se te informas de se hai libros que traten sobre do cenobio, vale?". Uxía queda de chamalo cando saiba algo, pero a moza tarda bastante en investigar de que libros tratarán sobre San Martiño.
Por fin, Uxía ten un bo número de títulos de libros sobre San Martiño e chama a Mateo. "a ver, toma nota e colle moito papel, lle di Uxía a Mateo". E comeza Uxía por orde de ano: "O primeiro, foi escrito por Suso Fernández o Cronista Oficial de Foz aló por 1976. Titúlase SAN MARTÍN, GUÍA HISTÓRICA Y ARTÍSTICA. O segundo, foi escrito en 1980. O libro que se titula "La Antigua Catedral de San Martín de Mondoñedo", foi escrito por Santos San Cristóbal Sebastián. Fundador do Museo de Arte Sacro de Mondoñedo e Reitor da Universidade Ricardo Palma de Lima. O terceiro dos libros que trata sobre San Martiño, é do Catedrático de Historia, Ramón Yzquierdo Perrín, un dos grandes expertos na historia de San Martiño. Titúlase "De Arte et Architectura - San Martín de Mondoñedo". 1994. O cuarto libro sobre San Martín de Mondoñedo. "Guía Breve", tamén do catedrático de historia Ramón Yzquierdo Perrín de 2006. O quinto dos libros que nos fala de San Martiño de Mondoñedo, é o do historiador Xoán Ramón Fernández Pacios. O libro titúlase "San Gonzalo, Bispo Mindoniense", publicado en 2008. Sexto e último, temos outro libro que tamén toca lixeiramente o tema. Este libro titúlase "Historia de Mondoñedo" de Francisco Mayán Fernández, catedrático de Xeografía e Historia. Editouse en 1994. Que che parece?", lle dixo Uxía. "Como os descubriches?", preguntou Mateo. "Pois preguntei na oficina de turismo de Foz", respondeu Uxía. "Vale, pois moitas grazas, vou pedir nunha libraría que mos encarguen.
Pasaron meses e un día Uxía recibe chamada de Mateo "Uxía, vou ir a Foz, quero invitarte a comer e cóntoche o que descubrín sobre ese famoso San Gonzalo (o Bispo Santo).
Unha vez en Foz, Uxía e Mateo xuntáronse e foron comer a un restaurante. Sentados á mesa, Uxía xa nerviosa para saber algo sobre do tan popular en Foz, San Gonzalo, santo ao que se lle atribúen milagres como o afundimento das naves normandas ou que aplacou unha gran seca facendo abrollar a Fonte da Zapata.
Mateo comeza a súa historia. "Verás Uxía. Nese sartego hai uns ósos, iso é certo, pero ninguén sabe de quen son. Ese esqueleto está moi manipulado, pois ese sartego foi aberto varias veces: En 1648, 1704, 1965 e finalmente en 1975. Abriuse por última vez en 1975, ante a presenza do sacerdote Amando Araújo Iglesias acompañado de José Luis Irimia (Lilí), e de Manuel Rodríguez (Calvario), estes últimos veciños de San Martiño. Os restos estaban bastante desordenados da postura habitual dun enterramento. O motivo polo que se abriu o sartego nese ano, foi para enviar algúns dos restos óseos para facerlle a proba do Carbono 14, e así constatar se se corresponden á época de San Gonzalo, pero dáse a casualidade de que nunca foron revelados os resultados da mencionada proba desde 1975, o que demostra claramente que tal osamenta nada ten que ver co famoso bispo. No sartego apareceron o Báculo pastoral e o anel, e un cacho de liño correspondente á súa vestimenta. Este anel ten gravada unha inscrición en latín que reza "NOLO ESSE DATUS NEQUE VENUMDATUS", que traducido quer dicir "NON QUERO SER DADO NIN VENDIDO".
Por outra banda, miña querida Uxía, en todos eses libros que lin sobre esta historia, tódolos autores aseguran que é un santo ou bispo de "dubidosa existencia", pois o seu nome non aparece en ningún arquivo do bispado nin do Vaticano, de aí, que a Santa Se non o recoñeza como santo. Por outra banda, sábese e está confirmado que si houbo un bispo en San Martiño chamado Gonzalo, ao que diferencian de San Gonzalo, ao poñerlle o DON diante, ou sexa DON GONZALO. Este bispo foi o último que oficiou como tal en San Martiño que incluso protestou cando quixeron levar a se episcopal para Valibria e se esperou á súa morte en 1112, para lavar a cabo o traslado. O último bispo en San Martiño foi Nuño Alfonso que exerceu desde 1112 a 1136 e no ano 1115, Valibria pasa a chamarse Mondoñedo, o actual Mondoñedo, nome que herdou do voso Mondoñedo en Foz.
Outra das anotacións curiosas, miña querida Uxía, é que se todo isto do bispo santo fose certo, nunca poderían ser NORMANDOS os da famosa escuadra afundida, serían e case seguro SARRACENOS, pois os normandos piratearon o Occidente de Europa entre os séculos IX e X (finais e principios destes séculos), pero Don Gonzalo, que segundo o historiador Xoán Ramón Fdez. Pacios, apelidábase Froilaz (Gonzalo Froilaz), se morreu no ano 1112, estamos a falar do século XII que non cadra, pero si cadraría se foran sarracenos, porque os árabes colonizaron España desde o século VIII ao XV.
Tamén lles da por situar ao Bispo Santo no século IX, pero non pode ser porque o seu nome non aparece no arquivo diocesano nin no do Vaticano, pero si aparecen: Sabarico I.- Do 866 ao 877, século IX. Rudesindo I.- Do 877, ao 907, séculos IX e X. Sabarico II.- Do 907 ao 922, que como ves, xa nos pasamos ao século X e non aparece ningún Gonzalo ata o 1112, no século XII en San Martiño.
Uxía quedouse mirando para Mateo con ollos asasinos e díxolle "como sodes os historiadores, nun plis-plas retorciches a historia, décheslle a volta co de dentro para fóra e matáchesme tódalas miñas ilusións". "Por que o dis?", comentou Mateo". "Pois home, e agora a festa do Santo e a festa normanda van ao carallo, non?". Mateo escachizando á risa, respondeulle, "mira que es parva... ou te fas!!!.
Mateo emocionado, deulle un bico nos labios a Uxía, e a rapaza quedouse como xeada mirando para el, mentres Mateo agardaba unha boa hostia..., pero non, a única frase de Uxía foi "cómame o demo, xa estabas tardando...!!!.
(CONTINUARÁ o día 15 de maio de 2025).

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)