Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mateo e Uxía (1)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 01 de mayo de 2025
Capítulo primeiro

(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).

Mateo é un rapaz ourensán que acabou as carreiras de arqueoloxía e historia na Universidade de Santiago. Quer dedicarlle ao remate da carreira, un tempo de lecer e descanso antes de buscar traballo que o leve a exercer con algunhas desas dúas carreiras.
Dáse a casualidade de que Mateo coñece a unha rapaza de Foz que estudou arquitectura, ela chámase Uxía. Encóntranse á saída da Universidade e quedan para tomar un café. Van a unha céntrica cafetería de Santiago e comeza entre eles unha charla sobre da vida e costumes da localidade de cada un.
Uxía que sabe que Mateo fixo arqueoloxía e historia, dálle a coñecer que en Foz existe unha das basílicas máis antigas de España, a de San Martiño. Uxía cóntalle a Mateo algunhas das principais peculiaridades da basílica, así que, a este entralle a curiosidade e proponlle a Uxía de que lle faga de guía turística cando visite Foz.
Quedan para dentro dunha semana e así é como Mateo colle o seu BMV e se despraza a Foz. Encóntrase con Uxía no peirao, concretamente no bar A Funcional, toman un café e así se desprazan á parroquia de San Martiño.
Unha vez estacionado o vehículo diante da basílica, Mateo asegúralle a Uxía que o que están vendo os seus ollos, non ten palabras para definilo, pois o de marabilla, fabulosa ou fantástica, non chegaría para chufar tal obra de arte do prerrománico.
Mateo comeza por ver os canzorros da fachada norte da basílica, que un tanto erosionados polos séculos, aínda se poden apreciar detalles tan curiosos, como por exemplo, algúns que os hai eróticos, cabezas de cans, un violinista, etc., bastante recoñecibles.
Uxía sorprendida, pregúntalle a Mateo, eróticos?. Como pode ser que haxa canzorros eróticos en templos católicos?. Pois si, lle responde Mateo. Fíxate no número oito e no nove contando a partires da dereita. Uxía contou os canzorros e con total pasmo, ve as figuras eróticas do beirado e exclamou, cómame o demo, se non o vexo non o creo!., pero isto como pode ser!. E nun templo relixioso!. Pódemos explicar, Mateo?.
Verás Uxía, lle responde Mateo. Os canzorros eróticos, existen moito nos templos prerrománicos e románicos. Xa no gótico desaparecen e incluso, moitos dos que había nos anteriores mencionados, foron destruídos por curas sen sentido da historia e da arquitectura medieval. Os canzorros eróticos, foron pagados por laicos ricos colaboradores da igrexa católica e poñíanos eróticos, porque para eles o erotismo era normal nesas épocas e ao tempo, o erotismo significa procreación, a procreación traía moitos fillos, fonte de riqueza para os que pagaban estas imaxes, xa que para eles significáballes máis mao de obra barata ou case regalada. Poñíanos nos exteriores das igrexas, dándolles a entender ao clero, que significaba "o pecado da carne, fóra do templo". Mateo, vou dar en tola!, comentou Uxía.
Unha vez dada a volta polas asidas, observa que teñen como decorado, arcos lombardos, estilo copiado de Lombardía (Italia), e traídos á nosa península por arquitectos cataláns. Mateo pregúntalle a Uxía, "a que se deben os contrafortes?, ao que Uxía lle responde que "o 28 febreiro de 1861, veuse a baixo o teito e o coro, e para protexela, o mestre de obras do bispado, Francisco Lanteiro púxolle eses contrafortes para evitar a desaparición do templo, que os expertos de Madrid pretendían acabar de derrubar, pero o cura párroco Salvador Pardo Romero rexeitou a idea, pedíndolle axuda ao bispo Ponciano Arceniega, que aceptou a súplica do crego enviándolle ao mestre de obras".
Mateo e Uxía entran dentro do cenobio e queda moi sorprendido de como se conservan os capiteis que interpreta con suma facilidade: O Rico Epulón e o Pobre Lázaro, Adán e Eva que parecen ser devorados por cabalos, a Degolación de San Xoán, etc. pero Mateo queda abraiado ao ver o "grifo", que llo sinala a Uxía. Por suposto, como Uxía non coñece o que é, fai a pertinente pregunta, e iso que é?. Os "grifos", lle di Mateo, son animais fabulosos da mitoloxía oriental, teñen cabeza de aguia e corpo de león. Segundo a lenda, adoitan a estar en lugares onde hai algún tesouro.
"Mira Uxía, estes ocos que vemos no interior do templo, son os ocos que forman as asidas do exterior e chámanse capelas". Matou achegase á capela sur onde están os frescos máis espectaculares do templo. Asina os recoñece, son en estilo gótico primitivo galego dos séculos XIV, XV e XVI. Explícalle a Uxía: "mira, este é o profeta Habacuc que o leva un anxo collido polos pelos e o traslada a Babilonia segundo a biblia. Esta parella que ves aí, son Xoaquín e Ana os pais da Virxe María e avós de Cristo. Arriba está Deus e sobre del, están pintados os profetas Elías, despois Moisés, Abrahan e o rei David. Deste outro lado, vemos a quen podería ser o rei Salomón. Dous pastores que parecen ir a Belén, pero o portal no se ve. Esta outra é Santa Bárbara. E tamén podemos ver a Cristo resucitando a Lázaro. Son uns frescos impresionantes, unha marabilla". Uxía coméntalle a Mateo que os frescos que hai no teito son do século XII, os máis antigos de Galicia, "si, moi interesantes", lle di Mateo.
Pasan á capela central, onde está o altar maior e Mateo fisga no retablo pétreo que ten un gran simbolismo relixioso. "O Retablo Pétreo é do século IX. Prosigue Mateo: Arriba, Agnus Dei con Cruz e unha pomba debaixo. Na parte dereita, unha aureola circular coa figura de Cristo vestido de ornamentos sacerdotais e bendicindo á maneira oriental (igual que Buda). A aureola vai sostida por dúas figuras con ás, unha ataviada con casula e a outra con capa pluvial. Parte baixa, hai dúas figuras iguais e con ás, son dous personaxes revestidos de ornamentos sacerdotais con actitude de comunicar os seus poderes aos que non teñen ás".
Mateo quédase observando o interior da capela sur, e coméntalle a Uxía: "Mira alí arriba, ves aqueles anxos?. Alí no centro hai dous que se miran entre si e no medio, ves un cáliz?, pois xa che dicía eu que o "grifo" está localizado sempre onde hai algún tesouro, pois ese cáliz pode que sexa o Santo Grial. Xa sabes, comenta Mateo. O Santo Grial é a copa coa que Cristo deu a beber o viño na última cea aos seus discípulos e tamén a copa coa que Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Cristo derramada na Cruz. Pois o Santo Grial e a Arca da Alianza, son os dous máis grandes tesouros e misterios da humanidade. Están sen localizar".
Rematado de ver os frescos, Mateo observa un sartego de cantería. Ao lado do sartego un texto e unhas fotos. O texto explica que o sartego é do bispo Gonzalo, ou sexa, do Bispo Santo ou San Gonzalo. Na foto vese o báculo e o anel que foron do bispo e estaban dentro do sartego. Mateo observa un detalle moi curioso no anel, a Cruz Templaria e coméntallo a Uxía a cal lle di que ela non entende de iso. "Pois mira, lle di Mateo, esta é a Cruz dos Templarios e se apareceu neste sartego, quer dicir que o que estaba dentro del era un templario, un guerreiro relixioso de Cristo. Pero hai un detalle que non entendo moi ben, como puido ser templario se aquí di que morreu en 1112 e os templarios fundáronse en 1119?, hai tan só sete anos de diferenza, pero hai diferenza.
"Pois aí tes, continua Mateo, como eu che dicía que onde hai un "grifo" hai un tesouro. Xa ves que está pintado o Santo Grial e ademais este sartego cun templario, non estará agachado por algún recuncho desta Basílica o verdadeiro Santo Grial que puido traer este templario?".
Mateo e Uxía cambiaron de capela no interior da Basílica e fóronse á Capela Norte. Alí de novo, Mateo explícalle a Uxía o que se ve ao fondo nese altar dedicado todo á paixón de Cristo. "No centro, unha imaxe de Cristo e logo á esquerda pintada está a Virxe María e á dereita, San Xoán o Evanxelista. A cada lado, tamén pintados os dous ladróns, á dereita o bo ladrón Dimas e á esquerda o malo, Xestas".
"Tamén se poden apreciar, na parte superior catro anxos que representan, o primeiro, a columna e a fusta de cando flaxelaron a Cristo. Despois a escaleira que utilizou Xosé de Arimatea para baixar a Cristo da Cruz. De seguido, outro anxo suxeita os tres cravos e por último, outro anxo co sudario co que se envolveu a Cristo morto".
Ao final, vanse visitar a entrada principal. Na porta catro columnas, dúas de granito e dúas de mármore, son visigóticas do século VI, pertencían ao anterior templo. Na parte superior da porta, no tímpano, un Año de Deus con bandeira. Mateo coméntalle a Uxía que "a Cristo coñécese no cristianismo como un año (un año), xa que cando se mata un año non berra, como Cristo non berrou nin suplicou na hora da súa morte".
Na parte de abaixo no lintel da porta, vemos un Crismón". "Sabes que é Uxía?", "pois non, respondeu Uxía!". "Como ves. Aí hai un círculo. Dentro do círculo hai un EQUIS e un PE sobre do equis. Á esquerda un A do alfabeto grego Alfa, e á dereita o O de Omega ou sexa o Zeta. O EQUIS e o PE, son as dúas primeiras letras do alfabeto grego de como se escribe a palabra Cristo, e despois o Alfa e o Omega son como no noso alfabeto, a letra A e a letra Z, primeira e última letras que aquí neste caso, significan: Principio e Fin, ou sexa: Cristo, principio e fin de tódalas cousas e o círculo que os rodea, representa o cosmos ou o universo que rodean a Cristo. Foi inventado por Constantino I, o mesmo que inventou o cristianismo". "Non cres en Deus?", preguntou Uxía. "Non, respondeu Mateo, despois do que levo estudado na Universidade, son ateo. O novo testamento da biblia, o que é a vida de Cristo, foi extraída de papiros exipcios de 4.000 anos antes de Cristo e ao pé da letra, e tamén ten fragmentos do budismo. Cando o imperio romano se ía a pique, Constantino I (o Grande), recuperou o seu poder legalizando aos primeiros cristiáns e o resto, o que hoxe é o cristianismo ou igrexa católica, foi fundada trescentos anos despois da morte de Cristo, entre os séculos III e IV, e foi fundada polos romanos: Pablo de Tarso, Constantino I (O Grande) antes mencionado, Eusebio de Cesarea e Lactancio, baseándose en textos exipcios e non no que dixo Cristo, ou sexa, sabe Deus cales foron as auténticas frases ou palabras que dixo Cristo.
Despois de recorrer o resto da Basílica, cheo de emoción pola reliquia que acaba de ver, Mateo pregúntalle a Uxía se hai máis igrexas en Foz, ao que Uxía lle responde que cada parroquia ten a súa igrexa: "San Acisclo, Santa Cilla, esta de San Martiño; logo a de San Xoán en Vilaronte e despois, a de San Xián en Cordido, San Pedro en Cangas, San Xián en Nois e Santiago en Fazouro".
De novo sorprendido Mateo, pregúntalle a Uxía, "cal dixeches anterior á de Fazouro?", "díxenche San Xián de Nois, por que?", "pois o que eu digo, aquí hai algo moi curioso neste Concello de Foz. Fai unha cousa Uxía, le NOIS ao revés!". Uxía tamén se queda coa boca aberta ao ler NOIS ao revés, pon SION...!!!., é que queres dicir?", "non terá nada que ver co Priorado de Sión?". Pois non che sei, lle respondeu Uxía, estraños enigmas para min. "Si, pero como o Priorado de Sión, lle di Mateo, tamén foi fundado polos Cabaleiros Templarios, e como tedes un en Foz...!, que sei eu?, e aló marcharon os dous ríndose.

CONTINUARÁ o día 8 de maio de 2025.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES