Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non quero ser xornalista

Maceira, Francisco - jueves, 24 de abril de 2025
Aquela tarde pararon as clases e o "Recho", o padre rector, presentounos a un amigo xornalista para que nos dera unha charla sobre o seu traballo. Pareceume marabilloso. Houbo un tempo que quixen ser escritor. Para sair nun xornal e cun sinxelo lápiz transmitir a miña forma de ver o mundo. De interpretar a vida, de denunciar as inxustizas. De ser a voz dos sin voz. Empecei a enviar escritos a certames e a "Cartas al director". Algúns incluso foron premiados ou tiveron certo recoñecemento. Entre eles un que publiquei o 19 de maio de 2007. Foi no diario de tirada nacional La Razón. Ó responsable de Opinión debeulle parecer interesante e seleccionouno. Pero debía ser ben subversivo porque ós poucos días un xuiz abreu dilixencias e dictaminou que eu debía entrar un mes e un día en prisión por escribir aquelas letras. A profesión do amigo do "Recho" xa non era tan idílica. Todo esto volveume á memoria a raíz da monstruosidade que queren instalar en Palas de Rei. Cando vexo que ó día seguinte de multitudinarias manifestacións en contra de ALTRI o teu periódico non saca nin unha foto do tema na portada. Apenas unhas liñas. Chantan unha macrocelulosa supercontaminante no corazón do teu país e ti poste a escribir sobre o Papa, sobre o medievo ou sobre un futbolista. Non é que eu tivera unha profesión mellor, pero alegreime de non ter escollido xornalismo.
Debe ser ben triste ter as mans atadas á hora de defender á tua xente . Debe costar traballo escoitar un berro do teu país pedindoche axuda e poñerte a teclear unha columna de opinión que unicamente destile silencio.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES