Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 24 de abril de 2025
O último

Estou no furgón de cola. Vou no furgón de cola con destino ó infinito e máis alá. Sempre se me deu ben ser o último ou estar de último. Non así de derradeiro. De último podo intentar unha e outra vez avanzar postos, pasar vagóns para chegar á máquina do tren. Á máquina do tren da vida. Non é fácil. É moi difícil. É tan difícil que por iso case sempre vou de último, estou de último.
Pingas de Orballo Hoxe con maior motivo. Dóeme tanto a cabeza que non teño nin ansias de acelerar para avanzar algún posto, algún vagón. Nin tan sequera teño ganas de moverme. Mesmo me custa empurrar o bolígrafo, que xa é dicir. Mais como non quero que sexa o derradeiro acto, sigo. Deixo que os alfinetes pinchen na cabeza e intento amasar a dor cos Pekenikes, que non tardan en darlle paso a Morricone.
Ser o último, ás veces, tampouco é tan malo. Vexo os feitos, as actuacións dos primeiros e, pouco a pouco, aprendo, pillo algo de experiencia por aquí e por alá. Mando ó baleiro aquilo que non me convenza. Gardo o que me conveña. Serei medio pampo, pero parvo enteiro non son, non.
Sigo no vagón de cola porque, hoxe, sinceramente, non me apetece avanzar. Hoxe quero ser o último en decatarme de todo; para que na cabeza non se me mesturen accións que ma poidan rebentar. Xa me chega ben con estes alfinetes que me perforan o entendemento. Quero ser o último para que ninguén me bote en cara que vou de sobrado pola vida, de heroe polas corredoiras dos soños. Como moito sería un heroe mal debuxado e fóra da viñeta da experiencia. Mellor ser o último para coller algo desta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES