Por nós que non quede
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de abril de 2025
Coñezo moitas persoas que son un exemplo de heroicidade: son un espello no que podemos mirarnos outras.
Moitas veces pasan desapercibidas porque non fan ruido; pero teñen moito mérito e merecen o noso recoñecemento e moito agradecemento por parte de todos:
-NAIS que se multiplican para que os seus fillos non lles falte unha boa educación porque saben os problemas ós que está exposta hoxe en día a xente nova.
- PAIS que se desviven por aportar ó fogar todo o necesario para levar unha vida digna.
- AVÓS que, estando lonxe, se interesan polos estudios dos netos e fan un seguimento continuo.
- PERSOAS ANÓNIMAS que se multiplican por visitar enfermos porque lles sae da alma.
- PROFESORADO que se reinventa para motivar ó alumnado.
- SACERDOTES que teñen unha dedicación exclusiva para que ós fieis non lles falte atención e asesoramento espiritual.
- PERSONAL SANITARIO que se entrega en corpo e alma a aliviar ós doentes.
- FORZAS DE SEGURIDADE que expoñen as súas propias vidas para mante-la seguridade da que disfrutamos.
E moitas outras persoas maravillosas en tódolas situacións da vida.
SON PERSOAS CON BO CORAZÓN
- Conscientes do seu deber.
- Conscientes de que é moi importante o que fan.
- Persoas cargadas de amor.
- Persoas que se entregan.
- Persoas que loitan por un mundo mellor.
MERECEN AGRADECEMENTO
- ESAS NAIS ABNEGADAS poñen no corazón dos seus fillos a semente de entrega altruísta e xenerosa.
Son un referente para eles.
Eses fillos estaranlles agradecidos toda a vida e sementarán na xeración seguinte os mesmos froitos.
- ESES PAIS deixarán un pouso cheo de recordos no corazón dos seus fillos que lles servirá de aliciente para facer eles o mesmo cando lles toque.
- ESES AVÓS estarán sempre presentes no corazón dos seus netos porque os avós son pais dúas veces e o seu recordo perdura.
- ESAS PERSOAS ANÓNIMAS que, sen ter ningunha obrigación, visitan enfermos, está acumulando méritos na axenda do Pai celestial que leva conta de todo.
-ESE PROFESORADO que vive para o seu alumnado, está facendo un labor de moita repercusión social e ademáis seralles recompensado na súa ancianidade cando o alumnado sexa maior e recoñeza o que se deixa feito por el.
Recibir esa gratitude na ancianidade é a mellor recompensa que pode esperar calquera profesional do ensino.
- ESE PERSONAL SANITARIO que devolve a súde, queda no corazón para toda a vida.
- ESES SACERDOTES que, ademais de administrar outros sacramentos, pasan horas e horas escoitando os problemas das persoas son unha enciclopedia de sabedoría e paciencia.
Se poideran decir todo o que escoitan, quedaríamos abraiados.
Deus é quen perdoa pero só eles saben o que aguantan, sobre todo ante casos complicados, que lles gustaría resolver e non poden.
¡Que nunca lles falte a gracia de Deus para estar á altura das circunstancias!
- ESAS FORZAS DE SEGURIDADE, son os nosos anxos da garda.
Estes colectivos e outros moitos son persoas que fan todo canto poden, porque dan o mellor de si.
O mundo vai todo ben que vai grazas a eles.
NÓS TAMÉN FORMAMOS PARTE ACTIVA
Cada un de nós desde o seu posto, tampoco queremos que a cousa quede mal por culpa nosa.
Facemos todo o que podemos; pero non somos perfectos.
A perfección no humano non existe.
Todos temos fallos; pero se hai boa intención, non podemos pedir máis.
TAMPOUCO É NADA DOADO
Hoxe en día, o mundanal ruido ofrece moitas distracións.
Distracións que nos tentan a todos, pero principalmente á xente nova.
Esa praga de hoxe en día que tantas vidas bota a perder.
Moitos proxenitores toman serias medidas para que os seus fillos poidan evitar ese tropezo.
Aínda así, moita xente nova cae.
Unha desgraza para a súa saúde por querer buscar a felicidade onde non está.
Unha desgraza para a familia que acaba con canto ten e co corazón feito trizas.
¡Cantos problemas poderían evitarse!
Pero hai persoas, sen escrúpulos, que viven deso.
En tódolos tempos houbo que ir con moito coidado coa xente nova, haxe en día non é para menos; pero "por nós que non quede".
Confiemos nun futuro prometedor no que se respecten os valores fundamentais empezando polos que se refiren á saúde.
"A SAÚDE: UN BEN MOI PRECIADO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora