Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O traxe, o bolso e a anchoa

lunes, 27 de julio de 2009
E un reloxo de luxo, e un fin de semana nun hotel de luxo... Semella que está de moda que todos os políticos deste país (así o di a señora Barberá) reciban agasallos. Vostedes e eu pagamos estas cousas.

Paréceme grave tal afirmación, dixo "TODOS", que diga "EU" ou "OS MEUS AMIGOS", pero que non xeneralice. Xa está ben.

Ademais confunde traxes con anchoas, e churras con meiriñas, grazas a Deus son lucense, se fose valenciano estaría aínda máis cabreado. Di: “con catro millóns de parados e vailles importar que nos regalen bolsos ou traxes?” Pois claro que si, os que non traballan buscan o pan para a súa casa e os que xa o teñen porque nós lles votamos, reciben agasalliños.

Demagóxico, falta de respecto, e irresponsable.

Pero o máis grave de todo isto, é o que todos pensamos, se a nós nos fan un regalo, ou ben é alguén que nos quere, ou ben alguén que nos está agradecido. En cal dos dous casos está ela, ou eles? Quérenos ou agradécenlles algo? Imaxínome que lles queren moitísimo e que os cidadáns son moi ricos a pesar da crise, dígoo polo valor dos regalos, non parecen do top-manta. Porque o que imaxine que a vía é a do agradecemento a un político, está a sospeitar que é a cambio de algo, ou como se di agora, para agradecer algo.

Non pensen que os cidadáns somos ovellas, traballen por e para nós, mírense ao espello por se acaso, e se aceptaron regaliños, váianse para a súa casa.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES