Ex Voto da Igrexa de Farban
López Arias, Xaime (Arlindo) - martes, 22 de abril de 2025
Nestas celebracións da Semana Santa preséntovos un exvoto que se garda na igrexa de Santiago de Farbán. Esta xoia (única que saibamos na comarca) é unha táboa pintada na que se narra o "miragre" acontencido con un veciño de Ribela que levando pedras en carreto para as obras da igrexa parroquial viu como o seu carro, a xugada e as pedras baixaron a roladas pola ribeura de Cervos (parroquia de Barbadelo), sen haber dano ningún. O Santo Cristo de Farbán gozóu de fama como facedor de miragres en toda a contorna e o párroco de Santa Mariña, Farbán e Castelo dos Infantes don Froilán de Otero e Lemos (no derradeiro terzo do século XVIII ) foi o máis decidido promotor desa devoción, que corréu parella coa do Santo Cristo de Goián, na Costa do Páramo.

López Arias, Xaime (Arlindo)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora