Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Lérez, Homenaxe a 'Barriga Verde'

González Martínez, Xosé - lunes, 21 de abril de 2025
Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular, pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos anteriores: "José Silvent, o mítico Barriga Verde" e "Barriga Verde na prensa. Unha escolma de cen textos". O seu traballo de investigación sobre a vida e vicisitudes do dramaturgo popular e precursor do teatro de títeres en Galicia realizado en lingua galega durantes as décadras dos anos 40, 50 e parte do 6o, permítenos valorar o seu labor realizado nos escenarios naturais de feiras e romarias.

Segundo Xaime Iglesias, unha das características do teatro de bonecos na súa liña popular foi a rebeldía social e a crítica burlona e aceda: "Divertía o público cando se mofaba do poder e impoñía a súa particular xustiza a estacazo limpo, con voz atiplada e metalinguaxe xestual, poñendo na picota as incoherencias e desatinos da organización social que padecía a maioría da poboación, asi como a aqueles que máis se beneficiaban dela".

Barriga Verde foi un heroe teatral para un público variopinto, composto por nenos e adultos, que acudían á barraca de Silvent na procura de momentos de evasión, pero establecendo complicidades coas ocorrencias dos seus bonecos, nomeadamente coas de Barriga Verde, que celebraban congargalladas e aplausos. Nunha reseñada publicada en El Progreso alguén escribira: "Que non o deixen marchar de Lugo!". Posiblemente fose o xornalista Trapero Pardo, admirador do artísta do Lérez, a quen dedicou reiteradas louvanzas nas páxinas do xornal comentando a súa presenza de nas festas do San Froilán en Lugo e nas San Lucas de Mondoñedo, ás que adoitaba acudír todos os anos.

Na aludida colectánea de autores que lle dedicaron ao titiriteiro do Lérez acendidas crónicas gabanciosas atopamos os comentarios deVicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Raimundo García Domínguez "Borobó", que chegara a escandalizar á anacrónica directiva da Real Academia Galega coa súa proposta feita desde as páxinas do xornal santiagués "La Noche" de nomear académico de número a José Silvent. A proposta era unha provocación intencionadapor mor da inoperancia da institución. Para "Borobó" o creador de Barriga Verde representaba a máis xenuina mostra do guiñol galego; "era o Maese Pérez da galeguidade". Barriga Verde falaba case sempre en galego, nun tempo no que a cultura galega estaba proscrita. Remataba as súas funcións coa célebre frase de "Morreu o demo, acabaouse a peseta", para dar paso a outra representación.

Sorprende que na nómina de intelectuais que louvaron a "Barriga Verde" non figurase ninguén do grupo de eruditos pontevedreses; a causa, con toda probabilidade, debeu radicar en que sendo a parroquia do Lérez territorio da moinantería, para o parnaso cultural pontevedrésnon fose merecente de recoñecementos aquel conglomerado social.

A recuperación da importancia que "Barriga Verde" tivo para a lingua galega débeselles ao grupo "Viravolta" de Lalín e ao historiador Anxo García queno Festival Internacional de Títeres de Redondela pronunciou unha conferencia calificando a José Silvent como o primeiro títere galego da era moderna.

Cincuenta cinco anos despois do seu pasamento (1970), a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coas colaboracións da Asociación Cedofeita, Concello de Pontevedra, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, convocan para o próximo día 26, ás 18:00 horas, un acto de Restauración da Memoria Lingüística na Casa da Cultura de Lérez coa participación de varios oradores e a amenización musical de "Os Chispas do Lérez".

A seguir, no cemiterio parroquial, remudarase a lápida en castelán por outra en galego, seguindo a filosofía que inspira a celebración destes actos de restauración da memoria lingüística dos homes e mulleres galegofalantes. O epitafio di así: "Aqui xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez (a súa esposa) e José Silvent, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honras para eles!". Na porta do cemiterio colocarase unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia "porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu".

Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES