Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concha

lunes, 27 de julio de 2009
Este sábado participamos na Feira de Pacios, recuperada pola Asociación Castiñeiro Milenario de Baamonde. Na parroquia onde naceu e foi soterrada, Concha Martul. E sentimos unha vez máis, o espírito rexo desta muller, que aínda que nos deixou físicamente, o seu hálito creativo fica entre nós. Este colectivo cultural honrouna coma “colaboradora egrexia”, na festa do seu aniversario. Eu lembraba, no xolgorio da feira, que ela me contara, como a súa avoa paterna, tamén de Pacios, da Ponte de Arriba, fora unha tendeira de moita sona. Unha muller moi activa en toda a comarca. Coma feiranta percorría o país. Levaba queixos, fabas, cebolas…, ata Ourense, e traía para aquí outros produtos (as primeiras cereixas, tomates…), para vendelos nas feiras daquí. Tiña o seu cubertizo en Pacios, Parga, Vilalba... Viaxaba en tren e reservaba fonda en Ourense, debido a súa fidelidade a estes certames de compra venda. Concha, tamén como a neta, pois bautizara con ese nome a un retoño, de cada un dos 7 fillos. O máis novo, Hipólito, o pai de Concha do Brasón, foi ferreiro, e fixo o peche da capela do Castiñeiro, que garda a imaxe de Víctor Corral, no adro da igrexa… Os outros foron: panadeiro, tratante de porcos, condutor de coches de liña en A Coruña… Por aquilo, de que de tal pau, tal hastilla, a hospitaleira do albergue de Baamonde, herdou da súa avoa, esa cerna que lle permitiu resistir todas as treboadas. Esta rexentou o Bar Laguna, fronte á estación. Tiveron carros de cabalos, e alugaban carrozas con farois, facendo moito transporte dende Baamonde ata Vilalba. Había daquela, un grande movemento de cidadáns… Segundo fose, a condición social do pasaxeiro, ofrecían diferentes carruaxes. Concepción Luaces, foi unha gran negocianta, nas feiras, e tamén no “Laguna”, fonda e comercio, que tiña de todo, e era un centro vivo de encontro de veciñas e veciños, moitos de viaxe. Mantivo unha grande actividade mercantil, sobre todo arredor da estación do tren, que daquela era un formigueiro de vida. Castiñeiro Milenario foi pola feira, Baamonde volve polas súas raíces, e está a converterse en parada para moita xente, por ser encrucillada de camiños, e tamén, axiña, un peirao de mercadorías, para unha venturosa vila cun futuro produtivo, que se ve vir.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES