Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 22 de abril de 2025
Unha partida de cartas

Xoguei co tempo unha partida de cartas, na que arrastraba a memoria e cantaba os recordos. A memoria, agora, xa é bastante efémera; pero algo sempre queda. Canto máis afastada, mellor recordada. Canto máis recente, a concentración xa non é a que era.
Na partida, cando trunfaban espadas, simulaba aquelas batallas por entre as toxeiras da nostalxia, alá polo monte de Pinouzos, mentres as vacas pacían o pouco que había ou rumiaban a velas vir. Pingas de Orballo Loitaba contra as hostes imaxinarias e, ó derrotalas, empezaba un simulacro co meu can Uriarte. Simulacro que, por veces, era tan real que, nunha arroutada, fincábame os dentes en algún brazo, ou onde cadrase.
Cos ouros botaba ás boleiradiñas polo barranco de Barricobos. Tamén cortaba un mangado de fentos para que me fixeran de colchón ou de carrasco e tirábame polo penedo máis grande do barranco. Á beira deste déuseme por cicelar, alá polo 1976, o escudo do Real Madrid. Agora teño a mesma proporción de antimadridismo como, antes, a tiña de fanatismo merengue.
Seguindo co ritmo da partida, ó xogar as copas, non sabía como facer: se arrastrar ou deixarme perder. Era e son tan abstemio que nin o debuxo nin o nome das copas eran santo da miña devoción. Ata prefería non levar ningunha copa, incluso cando fosen trunfos.
E cos bastos... cos bastos volvía a batalla dos golpes. Fentos por aquí, herbas por alá, salgueiros por todos os lados. Devastación total. Aí ata o Uriarte me contemplaba desde a distancia. Non fose o demo que un golpe de bastos o alcanzase.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES