Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Catro presidentes

lunes, 27 de julio de 2009
Con motivo do Día de Galicia, o actual presidente da Xunta de Galicia rendeu homenaxe ós seus catro predecesores, que recibiron cadansúa Medalla de ouro de Galicia. Parécenos de xustiza, e os que ostentaron as máis altas responsabilidades na gobernación do país, merecen ter os máis altos galardóns que Galicia concede.

Distinto sería se algún dos anteriores presidente estívese na política activa e tivera a posibilidade de poder gobernar de novo os destinos do país. Pero ese non é o caso de Fernández Albor nin Fraga, e non parece que vaia selo o de González Laxe e Pérez Touriño, que se por idade aínda poderían optar ó posto, a súa actual traxectoria e papel político non parece conducir a San Caetano.

Ver as catro figuras dos presidentes no acto institucional no que recibiron as súas medallas, da unha sensación de serenidade e continuidade, e evidencia que Galicia ten unhas institucións que xa teñen historia, ademais de implantación na sociedade. E tamén evidencia que o reparto de poderes, que beneficiou ó Bng nos catro últimos anos, non ten trascendencia e aínda que Quintana durante unha lexislatura mandou tanto como Touriño, nunca figurará na historia na que foi un simple accidente ou colaborador necesario na escuridade oficial aínda que brillase na política.

Supera o cuarto de século a historia dos gobernantes autonómicos en Galicia, ós que hai que engadir o período de Antonio Rosón, hai tempo falecido, para completar o autogoberno que os galegos disfrutamos.

A homenaxe ós catro presidentes vivos, é un bo sinal para Galicia, para a política, e para o Presidente Feijoo, que soubo recoñecer o traballo e o papel dos seus antecesores no punto máis alto da política galega.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania