Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns Cruceiros e Cristos do Municipio de A Pastoriza (Lugo) (2)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 29 de abril de 2025
II. Localización xeográfica do Municipio de A Pastoriza
Roteiro sobre algúns Cruceiros e Cristos do Municipio de A Pastoriza (Lugo) (2)

III. Cruceiros, Cristos e Cruces do municipio de A Pastoriza

1. Introducción


Ao realizar o traballo de campo, dimonos de conta como os habitantes deste municipio discernían entre Cruceiro e Cristo. Así, a designación de Cristo facía alusión a un tipo de cruceiro de menor tamaño, que posuía un fuste e un capitel -cando o amosaban- menos elaborado; ademaís, mostraba unha efixie cristolóxica, que era o trazo diferenciador con respecto ás cruces. Estes Cristos poden ser de tres tipos:

* Os que semellan rústicos cruceiros (como o de Amorás, Froilán, etc.).

* Os que non amosan fuste nin capitel (como o da igrexa, do cimeterio, do Chivadoiro, etc.).

* Os que están situados baixo unha cuberta (como o de Afoz e D. Diego).

Por outra banda, hai Cristos: Foxo, Caaveira, Arandal, Romeiro, Centro de Saúde, Alto das Fontelas, Antigas... que mostras pecualiaridades moi parecidas; así, teñen unha base troncopiramidal; o fuste e o capitel son dunha soa peza; e unha efixie de Cristo. Isto posibilita establecer a suposición que foron realizados polo mesmo constructor ou que un deles puido servir de arquetipo para os demais.

En canto aos cruceiros cómpre manifestar que non hai diferencias importantes cos do resto da bisbarra chairega, agás o detalle de que nos simbolos da paixón, que se presentan no fuste de varios deles, non figura a lanza.

2. Cruceiros, Cristos e Cruces de A Pastoriza. Táboa explicativa.
Roteiro sobre algúns Cruceiros e Cristos do Municipio de A Pastoriza (Lugo) (2)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES