Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (17)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 09 de mayo de 2025
-.-

Señor,
a propósito da Biblia:
¡Bendito sexa o teu pobo, o elixido
que fixo posible
as
escrituras,
e nelas palpamos
as túas feridas
profundas,
suficientes para alumarnos
con luz divina!
-.-

PENSANDO NA PAIXÓN

¿Por que
non veu antes o Mesías?

Pero,
se aínda así,
anunciado por ducias de profetas,
nun pobo con escritura,
con cultura herdada,
ampliada,
de Exipto, de Grecia, de Persia,
de tantos pobos antigos,
custoulles traballo
recibilo,
e máis aínda entendelo!

Sorte foi a nosa,
que temos a Biblia
traducida,
un Cristo redivivo,
pero,
nin con esas,
polo menos,
eu,
duro de molleira que son!
¡Apiádate de min, Señor,
pois,
nin coa Biblia en galego
esperto
do meu sono terreo!
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (17)

-.-


Fóisenos,
pero,
na súa doutrina deixounos
as chaves do Ceo;
e se o queremos recibir,
na Eucaristía témolo,
sempre,
ao noso dispor!

-.-


Conclusión: (Xoán 21, 24-25)

"Este é o discípulo que dá testemuño destas cousas
e o que as escribiu:
Sabemos que o seu testemuño é verdadeiro.

Hai aínda moitas máis cousas
que fixo Xesús,
que,
se se escriben unha por unha,
coido que o propio mundo
non podería conte-los libros
que habería que escribir".

Xoán

-.-

Sesenta anos despois:

¡Señor, vou contigo;
admíteme na túa procesión,
que te acompaño para pedirche,
humildemente,
perdón!


Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (17)

-oOo-
Son reflexións de Xosé María Gómez Vilabella na Semana Santa do ano 2024.
-oOo-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES