Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uniminho

viernes, 24 de julio de 2009
Así, con nome portugués, UNIMINHO, acaba de nacer. Trátase dunha unión ou mancomunidade de concellos galegos e portugueses para establecer un servizo de transporte público de viaxeiros entre Galicia e Portugal.

Son 16 concellos galegos e 5 portugueses que preside provisoriamente o alcalde de Tui, Santiago Fernández Rocha, e ten a súa sede oficial en Valença do Miño, nun proxecto liderado pola Deputación Provincial de Pontevedra, que xa ten concedida unha axuda de medio millón de euros de fondos europeos, polo que xa está en funcionamento.

O primeiro proxecto que se poñerá en marcha é o servizo de viaxeiros entre Tui e Valença, ó que seguirá o que unirá Monçao, Salvaterra de Miño e Tui, contando que ademáis das liñas habituais se contemple o transporte turístico especialmente nas fins de semana e festivos.

É un exemplo máis da ósmose da outrora impermeable fronteira entre Galicia e Portugal, que se xa ten desaparecido oficialmente aínda fan falla grandes esforzos para que a actividade social e económica traspase a non existente barreira que aínda permanece na lembranza das xentes.

A Unión nunca estará establecida de todo se as rexións que a compoñen non actúan conxuntamente superando todos os atrancos e barreiras. E se ata agora a unión foi máis nominal que efectiva, exemplos coma este que Galicia abandeira e no que o norte de Portugal participa, son lastras coas que hai que ir empedrando un camiño sen fin que debemos seguir con entusiasmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania